Attributos

Pode escoller entre distintos atributos para as fórmulas do Math do LibreOffice. Algúns atributos móstranse na parte inferior do panel Elementos. Estes atributos tamén se listan no menú de contexto da xanela Ordes. Todos os atributos que non estean no panel de elementos ou no menú de contexto hainos que escribir manualmente na xanela Ordes.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto na xanela Ordes - escolla Atributos

Escolla Ver - Elementos; e no panel Elementos seleccione Atributos da lista.


A que segue é unha lista de todos os atributos dispoñíbeis no Math do LibreOffice. Unha icona a carón do atirbuto indica que é posíbel acceder a el desde o panel Elementos (escolla Ver - Elementos) ou desde o menú de contexto da xanela Ordes.

Icona Nota

Na descrición das seguintes funcións de atributo, a letra "a" da icona correspóndese co marcador de posición que escolla para asignar ao respectivo atributo. Pode substituíla por calquera outro carácter.


Funcións de atributo

Icona Acento agudo

Acento agudo

Insire un marcador de posición cun acento agudo. Tamén pode introducir acute <?> na xanela Ordes.

Icona Acento grave

Acento grave

Insire un marcador de posición cun acento grave (grave). Tamén pode introducir grave <?> na xanela Ordes.

Icona Circunflexo invertido

Circunflexo invertido

Insire un marcador de posición cun acento circunflexo inverso ("marca de verificación") enriba. Tamén pode introducir check <?> na xanela Ordes.

Icona Breve

Breve

Insire un marcador de posición cun acento breve. Tamén pode teclear breve <?> na xanela Ordes.

Icona Círculo

Círculo

Insire un marcador de posición cun círculo enriba. Tamén pode introducir circle <?> na xanela Ordes.

Icona Frecha vectorial

Frecha vectorial

Insire un marcador de posición cunha frecha vectorial. Tamén pode introducir vec <?> na xanela Ordes.

Icona Frecha de arpón

Frecha de harpón

Insire un marcador de posición cunha frecha de arpón. Tamén pode escribir harpoon na xanela Ordes.

Icona Til

Til

Insire un marcador de posición cun til. Tamén pode introducir tilde <?> na xanela Ordes.

icona Circumflexo

Circunflexo

Insire un marcador de posición cun circunflexo ("hat"). Tamén pode teclear hat <?> directamente na xanela Ordes.

Icona Liña arriba (barra)

Liña enriba

Insire unha liña ("barra") enriba do marcador de posición. Tamén pode introducir bar <?> na xanela Ordes.

Icona Punto

Punto

Insire un marcador de posición cun punto enriba. Tamén pode introducir dot <?> na xanela Ordes.

Icona Frecha vectorial grosa

Frecha vectorial ancha

Insire unha frecha vectorial ancha cun marcador de posición. Tamén pode teclear widevec na xanela Ordes.

Icona Frecha de arpón grosa

Frecha de arpón grosa

Insire unha frecha de arpón grosa cun marcador de posición. Tamén pode escribir wideharpoon na xanela Ordes.

Icona Til grosa

Til largo

Insire un til largo cun marcador de posición. Tamén pode teclear widetilde directamente na xanela Ordes.

Icona Circunflexo groso

Circunflexo largo

Insire un circunflexo grande ("hat") cun marcador de posición. Tamén pode teclear widehat na xanela Ordes.

Icona Punto duplo

Punto duplo

Insire un marcador de posición con dous puntos enriba. Tamén pode introducir ddot <?> directamente na xanela Ordes.

Icona Liña arriba

Liña enriba

Insire unha liña por riba do marcador de posición. Tamén pode introducir overline <?> na xanela Ordes.

Icona Liña abaixo

Liña embaixo

Insire unha liña por debaixo do marcador de posición. Tamén pode introducir underline <?> na xanela Ordes.

Icona Liña a través (riscado)

Liña a través (riscado)

Insire un marcador de posición cunha liña a través (ou sobreposta). Tamén pode intoducir overstrike <?> na xanela Ordes.

Icona Punto triplo

Puntos suspensivos

Insire tres puntos sobre o marcador de posición. Tamén pode introducir dddot <?> na xanela Ordes.

Icona Transparente

Transparente

Insire un marcador de posición para un carácter transparente. O carácter usa o espazo de "a", mais non a mostra. Tamén pode introducir phantom <?> na xanela Ordes.

Icona

Tipo de letra en negra

Insire un marcador de posición con formatado en negra. Tamén pode teclear bold <?> na xanela Ordes.

Icona

Tipo de letra en cursiva

Insire un marcador de posición con formatado en cursiva. Tamén pode introducir ital <?> ou italic <?> na xanela Ordes.

Icona

Redimensionar

Insire unha orde para modificar o tamaño do tipo de letra con dous marcadores de posición. O primeiro marcador de posición fai referencia ao tamaño do tipo de letra (por exemplo, 12) e o segundo contén o texto. Insira un espazo entre os valores para obter a estrutura adecuada . Tamén pode teclear size <?> <?> directamente na xanela Ordes.

Icona

Cambiar o tipo de letra

Insire unha orde con dous marcadores de posición para mudar o tipo de letra. Substitúa o primeiro marcador de posición polo nome dun dos tipos de letra personalizados, Serif, Sans ou Fixo. O segundo substitúao polo texto. Tamén pode introducir font <?> <?> directamente na xanela Ordes.

Use a orde color para alterar a cor da fórmula. Teclee color e o nome da cor (as dispoñíbeis son branco, negro, ciano, maxenta, vermello, azul, verde e amarelo). De seguido, teclee a fórmula, o carácter ou a secuencia de caracteres. A entrada color green size 20 a dá como resultado unha letra verde "a"con tamaño 20.

As ordes nbold e nitalic eliminan os tipos de letra predefinidos en negra ou en cursiva dos compoñentes da fórmula. Por exemplo, elimina a cursiva do x na fórmula 5 x + 3=28 ao teclear nitalic antes do x, como en 5 nitalic x + 3=28.

Icona Nota

Os atributos "acute", "bar", "breve", "check", "circle", "dot", "ddot", "dddot", "grave", "hat", "tilde" e "vec" teñen un tamaño fixo. Non é posíbel axustar a súa largura nen a súa lonxitude cando se sitúan sobre un símbolo longo.


Para cambios de tamaño, pode usar size n, +n, -n, *n e /n , onde n é un marcador de posición. Este método é útil cando o tamaño de base da fórmula está suxeito a cambios. As ordes size +n e size -n alteran o tamaño en puntos; size *n e size /n alteran o tamaño porcentualmente. Por exemplo, a orde size *1.17 aumenta o tamaño do carácter exactamente un 17%.

Icona Aviso

Teña en conta que nalgúns operadores é necesario incluír espazos entre os elementos para xerar a estrutura correcta. Isto acontece, sobre todo, ao especificar atributos con valores fixos en vez de marcadores de posición.


Para máis información sobre o formato no Math do LibreOffice consulte Parénteses e agrupamentos.

A información sobre atributos, índices e expoñentes e escalar pode axudarlle a estruturar os documentos de modo máis eficiente.

Precisamos da súa axuda!