Axuda do LibreOffice 24.8
You can choose among various bracket types to structure a LibreOffice Math formula. Bracket types are displayed in the lower part of the Elements pane. These brackets are also listed in the context menu of the Commands window. All brackets that are not contained in the Elements pane or in the context menu can be typed manually in the Commands window.
A que segue é unha lista dos parénteses dispoñíbeis. Unha icona a carón do tipo de paréntese indica que é posíbel acceder a el desde a xanela Elementos (escolla Ver - Elementos) ou desde o menú de contexto da xanela Ordes.
Parénteses
Insire un marcador de posición entre parénteses normais. Tamén pode teclear (<?>) na xanela Ordes.
Corchetes duplos
Insire un marcador de posición entre corchetes duplos. Tamén pode teclear ldbracket <?> rdbracket na xanela Ordes.
Chaves
Insire un marcador de posición entre chaves. Tamén pode teclear lbrace<?>rbrace directamente na xanela Ordes.
Barras verticais simples
Insire un marcador de posición entre barras verticais. Tamén pode teclear lline <?> rline directamente na xanela Ordes.
Barras verticais duplas
Insire un marcador de posición entre barras verticais duplas. Tamén pode teclear ldline <?> rdline directamente na xanela Ordes.
Parénteses angulares
Insire un marcador de posición entre parénteses angulares. Tamén pode teclear langle <?> rangle na xanela Ordes.
Parénteses de operador
Insire un marcador de posición entre parénteses de operador. Tamén pode teclear langle <?> mline <?> rangle na xanela Ordes.
Parénteses de agrupamento
Insire parénteses de agrupamento. Tamén pode teclear {<?>} na xanela Ordes.
Parénteses (dimensionábeis)
Insire parénteses dimensionábeis cun marcador de posición. Tamén pode teclear left(<?> right) na xanela Ordes.
Corchetes (dimensionábeis)
Insire corchetes dimensionábeis con marcadores de posición. Tamén pode teclear left[<?> right] na xanela Ordes. O tamaño das parénteses axústase automaticamente.
Corchetes duplos (dimensionábeis)
Insire corchetes duplos dimensionábeis con marcadores de posición. Tamén pode teclear left ldbracket <?> right rdbracket directamente na xanela Ordes. O tamaño das parénteses axústase automaticamente.
Chaves (dimensionábeis)
Insire chaves dimensionábeis cun marcador de posición. Tamén pode teclear left lbrace <?> right rbrace na xanela Ordes. O tamaño das chaves axústase automaticamente.
Barras verticais simples (dimensionábeis)
Insire barras verticais simples dimensionábeis cun marcador de posición. Tamén pode teclear left lline <?> right rline na xanela Ordes. O tamaño das parénteses axústase automaticamente.
Barras verticais duplas (dimensionábeis)
Insire barras verticais duplas dimensionábeis cun marcador de posición. Tamén pode teclear left ldline <?> right rdline na xanela Ordes. O tamaño das parénteses axústase automaticamente.
Parénteses angulares (dimensionábeis)
Insire parénteses angulares dimensionábeis cun marcador de posición. Tamén pode teclear left langle <?> right rangle na xanela Ordes. O tamaño das parénteses axústase automaticamente.
Parénteses de operador (dimensionábeis)
Insire parénteses de operador dimensionábeis con marcadores de posición. Tamén pode teclear left langle <?> mline <?> right rangle na xanela Ordes. O tamaño das parénteses axústase automaticamente.
Chaves superiores (dimensionábeis)
Insire unha chave superior horizontal dimensionábel con marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> overbrace <?> directamente na xanela Ordes. O tamaño das parénteses axústase automaticamente.
Chaves inferiores (dimensionábeis)
Insire unha chave inferior horizontal dimensionábel con marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> underbrace <?> directamente na xanela Ordes. O tamaño das parénteses axústase automaticamente.
Para inserir parénteses con arestas na parte inferior, teclee lfloor<?>rfloor directamente na vent Ordes.
Para inserir parénteses con arestas na parte superior, teclee lceil<?>rceil directamente na xanela Ordes.
Para inserir parénteses dimensionábeis con arestas na parte inferior, teclee left lfloor<?>right rfloor directamente na xanela Ordes.
Para inserir parénteses dimensionábeis con arestas na parte superior, teclee left lceil<?>right rceil directamente na xanela Ordes.
As parénteses dimensiónanse automaticamente ao teclear left e right antes da orde parénteses, por exemplo, left(a over b right). Tamén pode definir o tamaño e o espazamento das parénteses escollendo Formato - Espazamento - Categoría - Parénteses e definindo as porcentaxes desexadas. Marque a caixa de verificación Escalar todas as parénteses para aplicar as alteracións a todas as parénteses da fórmula.
Tamén ten a opción de usar parénteses únicas. Para facelo, teclee unha barra invertida \ antes da orde. Por exemplo, ao teclear \[, o corchete esquerdo aparece sen a súa contrapartida. Resulta útil para crear parénteses inversas ou construír intervalos. Teña en conta que só as parénteses non dimensionábeis poden ser usadas individualmente. Para alterar o tamaño, use a orde size.
Exemplos de parénteses únicas
Para parénteses non dimensionadas:
a = \{ \( \[ b newline
{} + c \] \) \ }
For scaled brackets use none as the bracket name
a = left ( a over b right none newline
left none phantom {a over b} + c right )
The phantom statement ensures that the last bracket is the correct size.
Cando teclee os elementos directamente na xanela Ordes, lembre inserir espazos (intervalos) entre eles, o que garante que se recoñeza a estrutura correcta.
A información sobre índices e expoñentes, así como sobre escalas, axuda a estruturar correctamente as fórmulas. Para obter máis información sobre parénteses, consulte Parénteses e agrupamentos.