Funcións

Escolla unha función na parte inferior do panel Elementos. Estas funcións tamén se enumeran no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera función que non apareza no panel Elementos ten que ser escrita manualmente na xanela Ordes.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto na xanela Ordes - escolla Funcións

Escolla Ver - Elementos; e no panel Elementos seleccione Funcións da lista.


A que segue é unha lista de todas as funcións que aparecen no panel Elementos. A icona a carón da función indica que é posíbel acceder a ela desde o panel Elementos (menú Ver - Elementos) ou desde o menú de contexto da xanela Ordes.

Lista de funcións

Icona Exponencial natural

Función exponencial natural

Insire unha función exponencial natural. Tamén pode teclear func e^<?> directamente na xanela Ordes.

Icona Logaritmo natural

Logaritmo natural

Insire un logaritmo natural (base e) cun marcador de posición. Tamén pode teclear ln(<?>) na xanela Ordes.

Icona Exponencial

Función exponencial

Insire unha función exponencial cun marcador de posición. Tamén pode teclear exp(<?>) na xanela Ordes.

Icona Logaritmo

Logaritmo

Insire un logaritmo común (base 10) cun marcador de posición. Tamén pode teclear log(<?>) na xanela Ordes.

Icona Potencia

Potencia

Insire x elevado á potencia y. Tamén pode teclear <?>^{<?>} na xanela Ordes. Pode substituír o carácter ^ por rsup ou por sup.

Icona Seno

Seno

Insire unha función seno cun marcador de posición. Tamén pode teclear sen(<?>) na xanela Ordes.

Icona Coseno

Coseno

Insire unha función coseno cun marcador de posición. Tamén pode teclear cos(<?>) na xanela Ordes.

Icona Tanxente

Tanxente

Insire unha función tanxente cun marcador de posición. Tamén pode teclear tan<?>) na xanela Ordes.

Icona Cotanxente

Cotanxente

Insire un símbolo de cotanxente cun marcador de posición. Tamén pode teclear cot(<?>) na xanela Ordes.

Icona Seno hiperbólico

Seno hiperbólico

Insire un seno hiperbólico cun marcador de posición. Tamén pode teclear sinh(<?>) na xanela Ordes.

Icona Raíz Cadrada

Raíz cadrada

Insire un símbolo de raíz cadrada cun marcador de posición. Tamén pode teclear sqrt(<?>) na xanela Ordes.

Icona Coseno hiperbólico

Coseno hiperbólico

Insire un símbolo de coseno hiperbólico cun marcador de posición. Tamén pode teclear cosh(<?>) na xanela Ordes.

Icona Tanxente hiperbólica

Tanxente hiperbólica

Insire un símbolo de tanxente hiperbólica cun marcador de posición. Tamén pode teclear tanh(<?>) na xanela Ordes.

Icona Cotanxente hiperbólica

Cotanxente hiperbólica

Insire un símbolo de cotanxente hiperbólica cun marcador de posición. Pode teclear coth(<?>) directamente na xanela Ordes.

Icona Raíz enésima

Raíz enésima

Insire unha función raíz enésima con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear nroot n x na xanela Ordes.

Icona Arco seno

Arco seno

Insire unha función arco seno cun marcador de posición. Tamén pode teclear arcsin(<?>) na xanela Ordes.

Icona Arco coseno

Arco coseno

Insire un símbolo de arco coseno cun marcador de posición. Tamén pode teclear arccos(<?>) na xanela Ordes.

Icona Arco tanxente

Arco tanxente

Insire unha función arco tanxente cun marcador de posición. Tamén pode teclear arctan(<?>) na xanela Ordes.

Icona Arco cotanxente

Arco cotanxente

Insire unha función arco cotanxente cun marcador de posición. Pode teclear arccot(<?>) directamente na xanela Ordes.

Icona Valor absoluto

Valor absoluto

Insire un sinal de valor absoluto cun marcador de posición. Tamén pode teclear abs(<?>) na xanela Ordes.

Icona Seno hiperbólico de área

Seno hiperbólico de área

Insire unha función seno hiperbólico de área cun marcador de posición. Tamén pode teclear arsinh(<?>) na xanela Ordes.

Icona Coseno hiperbólico de área

Coseno hiperbólico de área

Insire unha función coseno hiperbólico de área cun marcador de posición. Tamén pode teclear arcose(<?>) na xanela Ordes.

Icona Tanxente hiperbólica de área

Tanxente hiperbólica de área

Insire unha función tanxente hiperbólica de área cun marcador de posición. Tamén pode teclear artanh(<?>) na xanela Ordes.

Icona Cotanxente hiperbólica de área

Cotanxente hiperbólica de área

Insire unha función cotanxente hiperbólica de área cun marcador de posición. Tamén pode teclear arcoth(<?>) na xanela Ordes.

Icona Factorial

Factorial

Insire o sinal factorial cun marcador de posición. Pode teclear fact <?> directamente na xanela Ordes.

Icona Suxestión

Tamén pode atribuír un índice ou un expoñente a unha función. Por exemplo, escribir sin^2x dá como resultado a función «seno á potencia de 2x».


Icona Aviso

Se teclea funcións manualmente na xanela Ordes, teña en conta que nalgunhas funcións é necesario inserir espazos (por exemplo, abs 5=5 ; abs -3=3).


Precisamos da súa axuda!