Operadores
Pode escoller entre varios operadores para estruturar a súa fórmula do Math do LibreOffice. Todos os operadores dispoñíbeis aparecen na parte inferior do panel Elementos. Enuméranse tamén no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera relación non contida no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrita manualmente na xanela Ordes.
A que segue é unha lista dos operadores dispoñíbeis. Unha icona a carón do nome do operador indica que é posíbel acceder a el desde o panel Elementos (escolla Ver - Elementos) ou desde o menú de contexto da xanela Ordes.
Funcións dos operadores
Límite
Insire o símbolo de límite cun marcador de posición. Tamén pode teclear lim <?> directamente na xanela Ordes.
Suma
Insire un símbolo de suma cun marcador de posición. Tamén pode teclear sum <?> directamente na xanela Ordes.
Produto
Insire un símbolo de produto cun marcador de posición. Tamén pode teclear prod <?> directamente na xanela Ordes.
Coproduto
Insire un símbolo de coproduto cun marcador de posición. Tamén pode teclear coprod <?> directamente na xanela Ordes.
Límites superior e inferior
Insire unha instrución de intervalo límite superior e inferior para integral e suma cun marcador de posición. Tamén pode teclear from{<?>} to{<?>} <?> directamente na xanela Ordes. As instrucións de límite deben combinarse cos operadores apropiados. Os límites centraranse enriba/embaixo do carácter de suma.
Integral
Insire un símbolo de integral cun marcador de posición. Tamén pode teclear int <?> directamente na xanela Ordes.
Integral dupla
Insire un símbolo de integral dupla cun marcador de posición. Tamén pode teclear iint <?> directamente na xanela Ordes.
Integral tripla
Insire un símbolo de integral tripla cun marcador de posición. Tamén pode teclear iiint <?> directamente na xanela Ordes.
Límite inferior
Insire unha instrución de intervalo de límite inferior para integral e suma con marcadores de posición. Tamén pode teclear from {<?>}<?> directamente na xanela Ordes.
Integral curvilínea
Insire un símbolo de integral curvilínea cun marcador de posición. Tamén pode teclear lint <?> directamente na xanela Ordes.
Dupla integral curvilínea
Insire un símbolo de dupla integral curvilínea cun marcador de posición. Tamén pode teclear llint <?> directamente na xanela Ordes.
Tripla integral curvilínea
Insire un símbolo de dupla integral curvilínea cun marcador de posición. Tamén pode teclear llint <?> directamente na xanela Ordes.
Límite superior
Insire a instrución de intervalo de límite superior para integral e suma con marcadores de posición Tamén pode teclear to <?><?> directamente na xanela Ordes. As instrucións de límite só se poden usar combinadas cos operadores apropiados.
Tamén pode engadir límites a un operador (por exemplo, unha integral) se preme primeiro no operador desexado e despois no símbolo de límite. Este método é máis rápido que teclear directamente os ordes.
A orde liminf insire o límite inferior cun marcador de posición.
A orde limsup insire o límite superior cun marcador de posición.
Se teclea oper na xanela Ordes, pode inserir operadores definidos polo usuario no Math do LibreOffice, recurso útil para incorporar caracteres especiais nunha fórmula. oper %theta x é un exemplo. Se usa a orde oper, tamén pode inserir caracteres non presentes no conxunto de caracteres predefinidos do LibreOffice. oper tamén pode usarse en relación a límites; por exemplo, oper %union from {i=1} to n x_{i}. Neste exemplo, o símbolo de unión indícase co nome union. No entanto, non é un dos símbolos predefinidos. Para definilo, escolla Ferramentas - Símbolos, seleccione Especial como conxunto de símbolos na caixa de diálogo emerxente e logo prema no botón Editar. Na seguinte caixa de diálogo, seleccione de novo Especial como conxunto de símbolos. Teclee un nome identificativo na caixa de texto Símbolo, por exemplo, «unión» e, despois, prema no símbolo de unión no conxunto de símbolos. Prema en Engadir e, a continuación, en Aceptar. Prema en Pechar para pechar a caixa de diálogo Símbolos. Terminou o proceso; agora pode teclear o símbolo de unión na xanela Ordes, introducindo oper %union.
Os límites poden organizarse de diferentes maneiras, alén de centrados enriba/embaixo do operador. Use as opcións que Math fornece para traballar con superíndices e subíndices Por exemplo, teclee sum_a^b c na xanela Ordes para dispor os límites á dereita do símbolo de suma. Se as entradas de límite conteñen expresións máis longas, deberá dispolas entre parénteses de grupo (por exemplo, sum_{i=1}^{2*n} b). Isto faise automaticamente cando as fórmulas se importan desde versións anteriores. Para cambiar o espazamento (intervalos) entre caracteres, escolla Formato - Espazamento - Categoría - Índices ou Formato - Espazamento - Categoría - Límites. Encontrará información adicional sobre os índices noutro apartado da Axuda.
Se teclea información manualmente na xanela Ordes, teña en conta que nalgúns operadores é necesario incluír espazos para xerar a estrutura correcta. Isto sucede, sobre todo, cando se fornece aos operadores valores en vez de marcadores de posición, por exemplo, lim a_{n}=a.