Relacións

Pode escoler entre varias relacións para estruturar a súa fórmula do Math do LibreOffice. As funcións de relación móstranse na parte inferior do panel Elementos. A lista está tamén no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera relación non contida no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrita manualmente na xanela Ordes.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto na xanela Ordes - escolla Relacións

Escolla Ver - Elementos; e no panel Elementos seleccione Relacións da lista.


A que segue é unha lista completa das relacións. O símbolo a carón do nome da relación indica que é posíbel acceder a el desde o panel Elementos (escolla Ver - Elementos) ou desde o menú de contexto da xanela Ordes.

Relacións:

Icona É igual

é igual

Insire un sinal igual (=) con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> = <?> directamente na xanela Ordes.

Icona Non é igual

non é igual

A icona ou orde neq insire unha desigualdade con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> neq <?> na xanela Ordes.

Icona Idéntico a

idéntico a

Insire un carácter para a relación idéntico a (congruente) con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> equiv <?> na xanela Ordes.

Icona Ortogonal a

ortogonal a

Insire un carácter para unha relación ortogonal (en ángulo recto) con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> ortho <?> na xanela Ordes.

Icona Divide

divide

Insire o carácter divide. Tamén pode teclear <?> divides <?> na xanela Ordes.

Icona Non divide

non divide

Esta icona insire o carácter non divide. Tamén pode teclear <?>ndivides<?> na xanela Ordes.

Icona Menor que

menor que

Insire a relación menor que. Tamén pode teclear <?>lt<?> ou <?> < <?> na xanela Ordes.

Icona Maior que

maior que

Insire a relación maior que. Tamén pode teclear <?> gt <?> ou <?> > <?> na xanela Ordes.

Icona Aproximadamente igual a

aproximadamente igual a

Insire a relación aproximadamente igual con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> approx <?> na xanela Ordes.

Icona Paralelo a

paralelo a

Insire unha relación paralela con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>parallel<?> na xanela Ordes.

Icona Menor ou igual a (oblicuo)

menor que ou igual a (inclinado)

Insire unha relación menor que ou igual a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> leslant <?> na xanela Ordes.

Icona Maior ou igual a (oblicuo)

maior que ou igual a (inclinado)

Insire a relación maior que ou igual a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>geslant<?> na xanela Ordes.

Icona Similar ou igual a

semellante ou igual a

Insire a relación semellante ou igual a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>simeq<?> na xanela Ordes.

Icona Proporcional a

proporcional a

Insire a relación proporcional a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> prop <?> na xanela Ordes.

Icona Menor ou igual a

menor que ou igual a

Insire a relación menor que ou igual a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> le <?> ou <?> <= <?> na xanela Ordes.

Icona Maior ou igual a

maior que ou igual a

Insire a relación de maior que ou igual a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> ge <?> ou <?> >= <?> na xanela Ordes.

Icona Similar a

semellante a

Esta icona insire a relación semellante a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>sim<?> na xanela Ordes.

Icona Tende a

cara a

Insire un símbolo de relación cara a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> toward <?> na xanela Ordes.

Icona Frecha dupla cara á esquerda

frecha dupla cara á esquerda

Insire a relación lóxica frecha con barra dupla cara á esquerda. Tamén pode teclear dlarrow na xanela Ordes.

icona Frecha dupla cara á esquerda e á dereita

frecha dupla cara á dereita e cara á esquerda

Insire a relación lóxica frecha con barra dupla cara á dereita e cara á esquerda con dous operadores. Tamén pode teclear dlrarrow na xanela Ordes.

Icona Frecha dupla cara á dereita

frecha dupla cara á dereita

Insire o operador lóxico frecha con barra dupla cara á dereita con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear drarrow na xanela Ordes.

Icona Precede a

precede

Insire o operador lóxico frecha con barra dupla cara á dereita con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear drarrow na xanela Ordes.

Icona Sucede a

sucede

Insire un sinal de concatenación con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear circ na xanela Ordes.

Icona Non precede a

non precede

Insire o operador lóxico frecha con barra dupla cara á dereita con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear drarrow na xanela Ordes.

icona Non sucede a

non sucede

Insire o operador lóxico frecha con barra dupla cara á dereita con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear drarrow na xanela Ordes.

Icona Precede ou é igual a

Subconxunto ou igual a

Insire o operador lóxico frecha con barra dupla cara á dereita con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear drarrow na xanela Ordes.

Icona Sucede ou é igual a

Subconxunto ou igual a

Insire o operador lóxico frecha con barra dupla cara á dereita con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear drarrow na xanela Ordes.

Icona Precede ou é equivalente

Subconxunto ou igual a

Insire o operador lóxico frecha con barra dupla cara á dereita con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear drarrow na xanela Ordes.

Icona Sucede ou é equivalente

Subconxunto ou igual a

Insire o operador lóxico frecha con barra dupla cara á dereita con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear drarrow na xanela Ordes.

Para crear a relación moito maior que con dous marcadores de posición, teclee <?> gg <?> ou >> na xanela Ordes.

Teclee ll ou << na xanela Ordes para inserir na fórmula a relación moito menor que.

A relación definida como con dous marcadores de posición, insírese tecleando <?>def<?>.

Insírese o carácter de correspondencia imaxe de con dous marcadores de posición, se teclea <?> transl <?> na xanela Ordes.

A orde <?>transr<?> insire o carácter de correspondencia orixinal por con dous marcadores de posición.

Icona Aviso

Cando introduza información manualmente na xanela Ordes, teña en conta que nalgúns operadores é necesario incluír espazos para xerar a estrutura correcta. Isto sucede, sobre todo, se traballa con valores en vez de marcadores de posición, por exemplo, para a relación "é considerabelmente maior", teclee 10 gg 1 ou a gg b.


Precisamos da súa axuda!