Axuda do LibreOffice 24.8
You can choose various unary and binary operators to build your LibreOffice Math formula. Unary refers to operators that affect one placeholder. Binary refers to operators that connect two placeholders. The lower area of the Elements pane displays the individual operators. The context menu of the Commands window also contains a list of these operators, as well as additional operators. If you need an operator that is not contained in the Elements pane, use the context menu or type it directly in the Commands window.
A que segue é unha lista completa dos operadores unarios e binarios. O símbolo a carón do operador indica que é posíbel acceder a el desde o panel Elementos (escolla Ver - Elementos) ou desde o menú de contexto da xanela Ordes.
Suma (máis)
Insire un máis con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>+<?> na xanela Ordes.
Multiplicación (punto)
Insire un operador de punto con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>cdot<?> na xanela Ordes.
Multiplicación (x)
Insire un 'x' de multiplicación con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>times<?> na xanela Ordes.
Multiplicación (*)
Insire un signo de multiplicación en forma de asterisco con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>*<?> na xanela Ordes.
Subtración
Insire un sinal de resta con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>-<?> na Ordes.
División (fracción)
Insire unha fracción con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>over<?> na xanela Ordes.
División
Insire un sinal de división con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>div<?> na xanela Ordes.
División (barra)
Insire unha barra '/' con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>/<?> na xanela Ordes.
NON booleano
Insire un NON booleano cun marcador de posición. Tamén pode teclear neg<?> na xanela Ordes.
E booleano
Insire un E booleano con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>and<?> na xanela Ordes.
OU booleano
Insire un OU booleano con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>or<?> na xanela Ordes.
Concatenar
Insire un sinal de concatenación con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear circ na xanela Ordes.
Tamén pode inserir operadores unarios personalizados se teclea uoper na xanela Ordes, seguido da sintaxe do carácter. Esta función é útil para incorporar caracteres especiais a unha fórmula. Por exemplo, a orde uoper %theta x produce a letra grega theta minúscula (compoñente do conxunto de caracteres de LibreOffice Math). Tamén pode inserir caracteres que non están no conxunto de caracteres de LibreOffice se escolle Ferramentas - Símbolos - Editar.
Tamén pode inserir ordes binarias personalizados se teclea boper na xanela Ordes. Por exemplo, a orde y boper %theta x produce a letra grega theta minúscula precedida por un y e seguida por un x. Tamén pode inserir caracteres que non están no conxunto de caracteres de LibreOffice se escolle Ferramentas - Símbolos - Editar.
Ao teclear <?>oplus<?> na xanela Ordes, insire un operador de suma en círculo no documento.
Teclee <?>ominus<?> na xanela Ordes para inserir un operador de resta en círculo.
Teclee <?>odot<?> na xanela Ordes para inserir un operador de multiplicación de punto en círculo.
Teclee <?>odivide<?> na xanela Ordes para inserir un operador de división en círculona fórmula.
Teclee a wideslash b na xanela Ordes para producir dous caracteres cunha barra (da esquerda inferior ata a dereita superior) entre eles. Os caracteres dispóñense de forma que todo o situado á esquerda da barra estea arriba e todo o situado á súa dereita estea abaixo. Tamén se pode acceder a esta orde no menú de contexto da xanela Ordes.
Teclee a widebslash b na xanela Ordes para producir dous caracteres cunha barra (da esquerda superior ata a dereita inferior) entre eles. Os caracteres dispóñense de forma que todo o situado á esquerda da barra estea abaixo e todo o situado á súa dereita estea arriba. Só se pode acceder a esta orde no menú de contexto da xanela Ordes.
Teclee sub ou sup na xanela Ordes para engadir índices e potencias aos caracteres na fórmula; por exemplo, a sub 2.
Se desexa empregar os dous puntos «:» como símbolo de división, escolla Ferramentas - Símbolos ou prema na icona Símbolos na barra Ferramentas. Prema no botón Editar no diálogo que aparece e seleccione o conxunto de símbolos Especial. Introduza un nome representativo xunto ao Símbolo, por exemplo, «divide» e prema os dous puntos no conxunto de símbolos. Prema en Engadir e despois Aceptar. Prema en Aceptar para pechar tamén o diálogo Símbolos. Agora pode empregar o novo símbolo, neste caso os dous puntos, introducindo o seu nome na xanela Ordes, por exemplo a %divide b = c.
Cando introduza información manualmente na xanela Ordes, teña en conta que nalgúns operadores é necesario incluír espazos entre os elementos para xerar a estrutura correcta. Isto sucede nos operadores, sobre todo, se usa valores en vez de marcadores de posición, por exemplo, para construír unha división 4 div 3 ou a div b.