Pode escoller diversos operadores unarios e binarios para construír a súa fórmula co Math do LibreOffice. Unario refírese a operadores que afectan a un marcador de posición. Binario refírese a operadores que conectan dous marcadores de posición. A zona inferior do panel Elementos mostra os operadores individuais. O menú de contexto da xanela Ordes tamén contén unha lista destes operadores, así como operadores adicionais. Se precisa dun operador que non apareza no panel Elementos, empregue o menú de contexto ou escríbao directamente na xanela Ordes.
Pode escoler entre varias relacións para estruturar a súa fórmula do Math do LibreOffice. As funcións de relación móstranse na parte inferior do panel Elementos. A lista está tamén no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera relación non contida no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrita manualmente na xanela Ordes.
Asigne diferentes operadores de conxunto aos caracteres da fórmula do Math do LibreOffice. Os operadores individuais aparecen na sección inferior do panel Elementos. Chame polo menú de contexto na xanela Ordes para ver unha lista idéntica das funcións individuais. Calquera operador que non apareza no panel Elementos ten que ser introducido directamente na xanela Ordes. Tamén é posíbel inserir directamente outras partes da fórmula mesmo se os seus símbolos xa existisen.
Escolla unha función na parte inferior do panel Elementos. Estas funcións tamén se enumeran no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera función que non apareza no panel Elementos ten que ser escrita manualmente na xanela Ordes.
Pode escoller entre varios operadores para estruturar a súa fórmula do Math do LibreOffice. Todos os operadores dispoñíbeis aparecen na parte inferior do panel Elementos. Enuméranse tamén no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera relación non contida no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrita manualmente na xanela Ordes.
Pode escoller entre distintos atributos para as fórmulas do Math do LibreOffice. Algúns atributos móstranse na parte inferior do panel Elementos. Estes atributos tamén se listan no menú de contexto da xanela Ordes. Todos os atributos que non estean no panel de elementos ou no menú de contexto hainos que escribir manualmente na xanela Ordes.
Pode escoller entre varios tipos de parénteses para estruturar unha fórmula no Math do LibreOffice. Os tipos de parénteses móstranse na parte inferior do panel Elementos. Estes parénteses tamén se enumeran no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera paréntese non contido no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrito manualmente na xanela Ordes.
Pode escoller entre distintas opcións para formatar unha fórmula do Math do LibreOffice. As opcións de formato móstranse na parte inferior do panel Elementos. Estas opcións tamén se listan no menú de contexto da xanela Ordes.
Esta sección de referencia contén listas de moitos operadores, funcións, símbolos e atributos de formato dispoñíbeis no Math do LibreOffice. Moitas das ordes que aparecen poden inserirse empregando as iconas da xanela Elementos ou o menú de contexto da xanela Ordes.