Diapositiva

Este menú contén ordes para xestionar e navegar polas diapositivas.

Nova diapositiva

Insire unha diapositiva após a que estea seleccionada.

Inserir diapositiva dun ficheiro

Pode inserir diapositivas doutras presentacións. Tamén é posíbel copiar e pegar diapositivas entre presentacións.

Disposición

Abre un submenú con disposicións de diapositivas.

Eliminar diapositiva

Elimina a(s) diapositiva(s) seleccionada(s).

Gardar imaxe de fondo

Se a diapositiva non tiver unha imaxe de fondo, esta opción permite que o usuario garde o ficheiro de imaxe de fondo correspondente.

Definir imaxe de fondo

Abre un selector de ficheiros para escoller un ficheiro de imaxe co que configurar o fondo da diapositiva actual.

Propiedades da diapositiva

Define a orientación da diapositiva, as marxes, o fondo e outras opcións de disposición.

Cambiar diapositiva principal

Mostra a caixa de diálogo Dispositivas principais dispoñíbeis, na que se pode seleccionar un esquema de disposición para a dispositiva actual. Os obxectos no deseño da diapositiva insírense por detrás dos obxectos da diapositiva actual.

Nova principal

Crea unha diapositiva principal nova. Esta función só está dispoñíbel en Vista principal.

tip

Para entrar na vista principal, vaia a Ver - Diapositiva principal. Para saír da vista principal, vaia a Vista - Normal.


Eliminar principal

Elimina a diapositiva principal seleccionada. Esta función só está dispoñíbel na Vista principal.

Fondo da diapositiva principal

Esta opción permite mostrar ou agochar a imaxe de fondo definida na diapositiva principal.

Obxectos da principal

Esta opción permite mostrar ou agochar obxectos definidos na diapositiva principal.

Elementos principais

Mostra unha caixa de diálogo na que se poden activar e desactivar os elementos seguintes da diapositiva principal:

Amosar diapositiva

Se unha dispositiva está agochada, esta función faina visíbel de novo.

Agochar diapositiva

Se unha diapositiva está visíbel, esta función agóchaa.

Renomear diapositiva

Abre unha caixa de diálogo na que se lle pode un nome novo á diapositiva actual.

Saltar á última diapositiva editada

Navega até a última diapositiva editada do documento.

Mover

Mostra unha lista de operacións de mover que se poden aplicar á diapositiva actual.

Navegar

Mostra unha lista de funcións que se poden empregar para navegar polas diapositivas:

Diapositiva de resumo

Crea unha diapositiva nova que contén unha lista sen ordenar dos títulos das diapositivas que seguen a diapositiva seleccionar. A diapositiva de resumo insírese a continuación da derradeira diapositiva.

Expandir diapositiva

Crea unha dispositiva nova a partir de cada punto de esquema de nivel superior (o texto que está un nivel por debaixo do título na xerarquía do esquema) na diapositiva seleccionada. O texto do esquema convértese en título da nova diapositiva. Os puntos do esquema situados por debaixo do nivel superior da diapositiva orixinal ascenden un nivel na nova diapositiva.

Transición de diapositivas

Define o efecto especial que se reproduce ao mostrar a diapositiva durante unha presentación.

Precisamos da súa axuda!