Recursos de LibreOffice Impress

LibreOffice Impress permite crear presentacións profesionais de diapositivas con gráficas, obxectos de debuxo, texto, multimedia e variedade de elementos. Se o desexa, pode importar e modificar as presentacións de Microsoft PowerPoint

Para que as presentacións de diapositivas sexan máis atractivas, pode utilizar técnicas de transición de diapositivas e multimedia.

Crear imaxes vectoriais

Moitas das ferramentas para crear imaxes vectoriais en LibreOffice Draw están dispoñíbeis en LibreOffice Impress.

Crear diapositivas

LibreOffice Impress fornécelle modelos para crear diapositivas de deseño profesional.

Tamén pode atribuír unha serie de efectos dinámicos ás diapositivas, como efectos de animación e transición.

Crear presentacións

Ao deseñar unha presentación de diapositivas, poden usarse varios tipos de visualizacións ou páxinas. Por exemplo, o Clasificador de diapositivas mostra unha presentación das diapositivas en miniatura, e a páxina Folletos contén tanto a diapositiva como o texto que pretende distribuír entre a audiencia.

LibreOffice Impress tamén permite facer probas cos intervalos de tempo da presentación de diapositivas.

Publicar presentacións

Pode publicar as súas presentacións en pantalla, como folletos ou como documentos HTML.

Executar presentacións

LibreOffice Impress permite executar presentacións de diapositivas de maneira automática ou manual.

Precisamos da súa axuda!