Barra Esquema
Na visualización Esquema, a barra Esquema contén ferramentas de edición que se empregan con frecuencia. Para abrir as barras de ferramentas con ordes adicionais prema nas frechas situadas ao lado das iconas.
Reduce ou aumenta a visualización en pantalla do documento actual. Prema na frecha situada xunto á icona para abrir a barra de ferramentas Zoom.
Zoom (LibreOffice Impress en modo esquema e diapositivas)
Oculta todos os títulos, excepto os das diapositivas, na presentación de diapositivas actual. Os títulos ocultos aparecen indicados por unha liña negra diante do título da diapositiva. Para mostrar todos os títulos, prema na icona Todos os niveis.
Mostra os títulos ocultos nas diapositivas da presentación actual. Para ocultar todos os títulos na presentación de diapositivas actual, excepto os títulos das diapositivas, prema na icona Primeiro nivel.
Oculta os subtítulos dun título seleccionado. Os subtítulos ocultos indícanse cunha liña negra diante do título. Para mostrar os títulos de menor nivel, prema na icona Mostrar subpuntos.
Mostra os subtítulos ocultos dun título seleccionado. Para ocultar os subtítulos dun título seleccionado, prema na icona Ocultar subpuntos.
Shows or hides the character formatting of the slide headings. To change the character formatting of a heading, open the Styles window, right-click a style, and then choose Modify.
Activar/Desactivar formatado
Mostra as diapositivas soamente en branco e negro.
Presentación de diapositivas