Axuda do LibreOffice 24.8
Pode utilizar as regras verticais e horizontais que hai nos bordos esquerdo e superior do espazo de traballo de LibreOffice Impress para axudalo a crear a diapositiva. A área da diapositiva está cuberta por regras de seccións brancas.
Ao seleccionar un obxecto, as dimensións do mesmo móstranse en forma de liñas duplas grises. Para redimensionar o obxecto con maior precisión, arrastre unha das liñas duplas a un novo lugar da regra.
Ao seleccionar un obxecto de texto nunha diapositiva, aparecen sangrías e separadores na regra horizontal. Para modificar a configuración da sangría ou dos separadores dun obxecto de texto, arrastre un marcador de sangría ou de tabulador a un lugar distinto da regra.
Tamén pode arrastrar unha liña de axuste de unha regra co fin de axudalo a aliñar obxectos. Para inserir unha liña de axuste, arrastre o bordo da regra ao interior da diapositiva.
Para mostrar ou ocultar as regras, escolla Ver - Regras.
Para especificar as unidades de medida dunha regra, prema co botón dereito na regra e a seguir escolla unha nova unidade da lista.
Para modificar a orixe (punto 0) das regras, arrastre a intersección das mesmas, situada no canto superior esquerdo do espazo de traballo. Aparecen as guías horizontais e verticais. Continúe a arrastrar ata que as guías horizontais e verticais estean no punto en que quere colocar a nova orixe e, despois, prema. Para redefinir os puntos de orixe das regras segundo os valores predefinidos, prema dúas veces na intersección.
Para modificar as marxes das diapositivas, arrastre o bordo das áreas brancas ata o interior das diapositivas.