Axuda do LibreOffice 25.2
A seguinte sección lista os temas de axuda dispoñíbeis en menús e caixas de diálogo.
A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.
Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.
Abre o menú Ficheiro.
Estas ordes aplícanse ao documento actual, crean un documento, abren un documento existente ou pechan a aplicación.
Estas ordes aplícanse á folla de cálculo actual, crean unha folla, abren unha folla existente ou pechan a aplicación.
Estas ordes aplícanse á presentación actual, crean unha presentación, abren unha presentación existente ou pechan a aplicación.
Este menú contén ordes xerais para traballar con documentos do Draw, como crear, abrir, pechar e imprimir. Para pechar o Draw do LibreOffice prema Saír.
Este menú contén ordes para controlar como se mostra o documento na pantalla, cambiar a interface de usuario e acceder aos paneis da barra lateral.
O menú Inserir contén ordes para inserir elementos novos no documento. Isto inclúe imaxes, multimedia, gráficas, obxectos doutros aplicativos, hiperligazóns, comentarios, símbolos, notas a rodapé eseccións.
Contén ferramentas de corrección ortográfica, opcións de veladura, asistente de combinación de correo, macros, ferramentas de desenvolvemento, xestor de extensións, así como ferramentas para configurar e personalizar menús e configurar as preferencias do programa.
O menú Ferramentas contén ordes para corrixir a ortografía, rastrear referencias nas follas, atopar erros e definir escenarios, así como ferramentas para configurar menús e configurar as preferencias do programa.
Contén ferramentas de corrección ortográfica, reprodutor multimedia, substitución de cores, minimizador de presentacións e ferramentas para configurar menús e configurar as preferencias do programa.
Este menú fornece ferramentas do Draw do LibreOffice, así como acceso á configuración de idioma e sistema.