Mostrar presentacións de diapositivas

Hai varias formas de iniciar a presentación de diapositivas. Unha vez estea en execución pode tomar o control premendo teclas ou botóns do rato.

A presentación de diapositivas comeza pola primeira diapositiva de forma predefinida. O avance a través das diapositivas é manual. Pode modificar esta configuración.

Execución de presentacións de diapositivas

tip

Prema Esc para cancelar a presentación de diapositivas antes de que remate.


Hai moitas teclas dispoñíbeis para controlar presentacións de diapositivas. Tamén pode premer co botón dereito do rato para abrir o menú de contexto para ordes útiles.

Mostrar presentación de diapositivas automática (modo quiosco)

Para avanzar automaticamente á seguinte diapositiva debe atribuír unha transición para cada diapositiva.

  1. Abra o panel da barra lateral Transición de diapositivas.

  2. Na área Avanzar diapositiva, prema Após e introduza o tempo de duración.

  3. Prema Aplicar transición a todas as diapositivas.

tip

Pode atribuír un tempo diferente para o avance de cada diapositiva. A funcionalidade probar intervalos pode axudalo a conseguir o tempo correcto.


Para ir á primeira diapositiva, despois de mostrar todas, debe definir a presentación para repetir automaticamente.

  1. Escolla Presentación de diapositivas - Configuración da presentación de diapositivas.

  2. Na área Modo de presentación escolla Bucle e repetir despois de e defina a duración da pausa entre as presentacións.

Execución de presentacións de diapositivas a partir dun ficheiro

Pode iniciar LibreOffice a través dunha orde, seguido polo parámetro -show e o nome de ficheiro de Impress. Por exemplo, para iniciar o ficheiro nomeficheiro.odp coa consola ou símbolo de sistema, introduza a seguinte orde:

soffice -show filename.odp

Isto presupón que soffice está no situado no camiño do sistema e que nomeficheiro.odp está no cartafol actual.

Precisamos da súa axuda!