Uso da consola de presentación

A consola de presentación mostra a presentación nunha pantalla externa (proxector ou televisión grande), mentres que os controis de presentación se mostran na pantalla do computador.

A consola de presentación fornece un control adicional sobre as presentación ao utilizar vistas diferentes na pantalla do computador e na que ve o público. A vista que se ve na pantalla do computador inclúe a diapositiva actual, a diapositiva seguinte, opcionalmente as notas das diapositivas e un temporizador da presentación.

note

A consola de presentación só funciona nun sistema operativo que admita varias pantallas e só cando as dúas pantallas estiveren conectadas (unha pode ser a integrada nun portátil).


Activación da consola de presentación

Para activar a consola de presentación:

Caixa de diálogo Opcións xerais do Impress

Para activar a consola de presentación:

Controis da consola de presentación

Controis da consola de presentación

Atallos de teclado da consola de presentación

Pode empregar as seguintes teclas ao executar unha presentación empregando a Consola de presentación:

Acción

Tecla ou teclas

Diapositiva ou efecto seguinte

Botón esquerdo, frecha dereita, frecha abaixo, barra espazadora, avance de páxina, intro, retorno

Diapositiva ou efecto anterior

Botón dereito, frecha esquerda, frecha arriba, retroceder páxina. retroceso

Empregar apuntador do rato como lapis

'P'

Borrar toda a tinta da diapositiva

'E'

Primeira diapositiva

Inicio

Derradeira diapositiva

Fin

Diapositiva anterior sen efectos

Alt+Re Páx

Diapositiva seguinte sen efectos

Alt+Av Páx

Ennegrecer/Clarear a pantalla

«B» ou «.»

Pantalla en branco/Restaurar a pantalla

«W» ou «,»

Finalizar a presentación

Esc ou «-»

Ir á diapositiva número

Número seguido de Intro

Aumentar/Reducir o tamaño de letra das notas

«G», «S»

Desprazar notas arriba/abaixo

«A», «Z»

Mover o punteiro na vista de notas cara atrás/adiante

«H», «L»

Amosar a consola de presentación

Ctrl-«1»

Amosar as notas de presentación

Ctrl-«2»

Amosar a vista xeral de diapositivas

Ctrl-«3»

Alternar monitores

+«4»

Desactivar o modo de bolígrafo do punteiro

+«A»


Modos da consola de presentación

Modo normal

O modo normal mostra a diapositiva actual á esquerda e a diapositiva seguinte á dereita da pantalla do computador.

Modo normal da consola de presentación

Modo de notas

O modo de notas mostra a diapositiva actual á esquerda, as notas das diapositivas á dereita e a seguinte diapositiva por debaixo da actual.

Modo de notas

Modo de clasificador de diapositivas

O modo de clasificador de diapositivas mostra todas as diapositivas na pantalla do computador e permite mostrar a diapositiva seleccionada fóra da orde de presentación.

Modo de clasificador de diapositivas

Precisamos da súa axuda!