Álbum de fotos do Impress

Insire un álbum de fotos no documento da presentación.

O álbum de fotos do Impress é unha forma rápida de inserir varias imaxes nunha presentación e crear un documento axeitado para ser executado nun quiosco ou espectáculo multimedia.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Multimedia - Álbum de fotos


Caixa de diálogo Álbum de fotos do Impress

Para inserir un álbum de fotos nunha presentación

  1. Abre unha presentación existente ou en branco.

  2. Vaia á diapositiva que preceda o álbum de fotos.

  3. Escolla Inserir - Multimedia - Álbum de fotos.

  4. Na caixa de diálogo Crear álbum de fotos, prema Engadir.

  5. Localice todos os ficheiros que desexa inserir.

    Icona Nota

    Se hai varias imaxes no mesmo cartafol pode seleccionar un grupo de fotos empregando as teclas Maiús ou ao tempo que preme nos seus nomes.


  6. Prema Abrir para engadir os ficheiros ao álbum de fotos.

    Icona Suxestión

    Prema no nome dun ficheiro para que se vexa na área Visualización


  7. Seleccione o número de imaxes por diapositiva da caixa de lista Disposición das diapositivas.

  8. Marque a opción Engadir lenda a cada diapositiva, de ser preciso, para inserir unha caixa de texto para a lenda.

  9. Marque a opción Manter proporción para evitar que as imaxes se distorzan ao colocalas na diapositiva. A imaxe estará contida completamente na diapositiva.

  10. Marque Encher pantalla para que a imaxe encha toda a pantalla da presentación. A imaxe resultante pode ser maior do que a diapositiva.

  11. Marque Ligar imaxes para crear unha ligazón á localización no sistema de ficheiros ou na Internet. Esta opción non incorpora as imaxes á presentación.

  12. Prema Inserir diapositivas.

warning

Premer Desfacer non elimina un álbum de fotos. Prema nas diapositivas do panel co botón dereito do rato e seleccione Eliminar diapositiva para eliminar as diapositivas.


Precisamos da súa axuda!