Cargar listas de cores, gradacións e trazados

Pódense usar listas para organizar modelos de cores, gradacións ou trazados. LibreOffice fornece varias listas que se poden cargar e usar no documento. Se o desexa, pode engadir ou eliminar elementos dunha lista, ou mesmo crear listas personalizadas.

Para cargar unha lista de cores:

  1. Escolla Formato - Área e prema no separador Cores.

  2. Prema no botón Cargar lista de cores.

  3. Localice a lista de cores que desexa cargar. A seguir, prema en Abrir. O ficheiro de lista de cores terá o formato [nomeficheiro].soc.

Para gardar unha lista de cores, prema no botón Gardar lista de cores, introduza un nome de ficheiro e prema en Gardar.

A lista CMYK está optimizada para cores de impresión. As cores na Web e nas listas de HTML están optimizadas para mostrarse usando unha resolución de 256 cores. As paletas libreoffice.soc e tango.soc conteñen as cores oficiais da LibreOffice e Tango respectivamente.

Para cargar unha lista de gradacións:

  1. Escolla Formato - Área e prema no separador Gradacións.

  2. Prema no botón Cargar lista de gradacións.

  3. Localice a lista de gradacións que quere cargar e prema en Abrir. O ficheiro da lista de gradacións ten un formato [nomeficheiro].sog.

Para gardar unha lista de gradacións, prema no botón Gardar lista de gradacións, introduza un nome de ficheiro e prema en Gardar.

Para cargar unha lista de trazados:

  1. Escolla Formato - Área e prema no separador Trazado.

  2. Prema no botón Cargar lista de trazados.

  3. Localice a lista de trazados que quere cargar e prema en Abrir. Os ficheiros de lista de trazado teñen un formato [nomeficheiro].soh.

Para gardar unha lista de trazados, prema no botón Gardar lista de trazados, introduza un nome ao ficheiro e prema en Gardar.

Formato - Área

Cargar estilos de liña e de frecha

Axúdenos, por favor!