Editar curvas

Os segmentos de liña curva conteñen dous puntos de datos (puntos finais) e dous puntos de control (agarradoiras). As liñas de control conectan os puntos de control aos puntos de datos. É posíbel modificar a forma dunha curva convertendo os puntos de control nun tipo diferente ou arrastrando os puntos de control a unha localización diferente.

Tamén pode modificar as propiedades da liña seleccionándoa e escollendo Formato - Liña.

Icona

Para ver os puntos de datos e controlar os puntos dunha liña curva, seleccione a liña e prema na icona Puntos da barra Debuxo. Os puntos de datos están representados por cadrados e os de control por círculos. É posíbel que un punto de control se sobrepoña a un punto de datos.

Para axustar segmentos de liña curva:

  1. Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.

  2. Adopte un dos procedementos seguintes:

Para dividir as liñas curvas:

Só é posíbel dividir liñas curvas de tres ou máis puntos de datos.

  1. Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.

  2. Seleccione un punto de datos e prema na icona Dividir curva da barra Editar puntos.

Para crear unha forma pechada:

  1. Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.

  2. Na barra Editar puntos, prema na icona Pechar Bézier.

Para converter os puntos de datos en liñas curvas:

  1. Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.

  2. Prema no punto de datos que queira converter e realice un dos seguintes procedementos:

Para engadir un punto de datos:

  1. Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.

  2. Na barra Editar puntos, prema na icona Inserir puntos.

  3. Prema na liña en que queira engadir o punto, e arrastre unha distancia curta.

Icona Suxestión

Se un punto de datos non ten punto de control, seleccióneo e prema na icona Converter en curva na barra Editar puntos.


Para eliminar un punto de datos:

  1. Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.

  2. Prema no punto que desexa eliminar.

  3. Na barra Editar puntos, prema na icona Eliminar puntos.

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!