Traballar con capas

Os debuxos en LibreOffice Draw teñen soporte para capas.

Seleccionar capas

Para seleccionar unha capa, prema no separador de capa que hai na parte inferior do espazo de traballo.

Icona Suxestión

Para editar as propiedades dunha capa, prema dúas veces nun separador de capa.


Ocultar capas

  1. Seleccione unha capa e escolla Formato - Capa.

  2. Na área Propiedades, desmarque a caixa de verificación Visible.

  3. Prema en Aceptar.

No separador da capa, a cor de texto do nome tórnase azul.

Icona Suxestión

É posíbel tornar as capas visibles ou invisibles premendo no separador correspondente, mantendo a tecla Maiús premida.


Mostrar capas ocultas

  1. Seleccione unha capa oculta e, a seguir, escolla Formato - Capa.

  2. Na área Propiedades, marque a caixa de verificación Visible.

  3. Prema en Aceptar.

Bloquear capas

  1. Seleccione unha capa e escolla Formato - Capa.

  2. Na área Propiedades, marque a caixa de verificación Bloqueada.

  3. Prema en Aceptar.

Non é posíbel editar obxectos nunha capa bloqueada.

Desbloquear capas

  1. Seleccione unha capa e despois escolla Formato - Capa.

  2. Na área Propiedades, desmarque a caixa de verificación Bloqueada.

  3. Prema en Aceptar.

Sobre capas

Inserir capas

Mover obxectos a unha capa diferente

Axúdenos, por favor!