Axuda do LibreOffice 25.2
Pode utilizar o teclado para acceder a LibreOffice Impress, ou para navegar polo espazo de traballo. LibreOffice Impress utiliza as mesmas teclas de atallo que LibreOffice Draw para crear obxectos de debuxo.
A disposición automática do Impress do LibreOffice emprega marcadores de posición para os títulos, texto e obxectos. Para seleccionar un marcador de posición, prema OrdeCtrl+Intro. Para pasar ao seguinte marcador de posición prema OrdeCtrl+Intro de novo.
Se preme OrdeCtrl+Intro após atinxir o derradeiro marcador de posición dunha diapositiva, insírese unha diapositiva nova despois da actual. A nova diapositiva emprega a mesma disposición que a disposición actual.
Para iniciar unha presentación desde o comezo prema F5.
Para iniciar unha presentación desde a diapositiva actual prema Maiús+F5.
Barra de espazos
OpciónAlt+AvPáx
OpciónAlt+RePáx
Introduza o número de páxina da diapositiva, e prema despois en Intro.
Esc ou -.
Ao entrar por primeira vez no clasificador de diapositivas, prema en Intro para modificar o foco. Caso contrario, prema en F6 para navegar ata espazo de traballo e, a seguir, prema en Intro.
Use as teclas de frecha para navegar ata a diapositiva que quere seleccionar e despois prema na Barra de espazos. Se quere engadir diapositiva(s) á selección, use as teclas de frecha para navegar ata a(s) diapositiva(s) que quere engadir e prema en Barra de espazos novamente. Para cancelar a selección dunha diapositiva, navegue ata a diapositiva e prema desois en Barra de espazos.
Empregue as teclas de frecha para navegar até a diapositiva que desexe copiar e prema OrdeCtrl+C.
Vaia á diapositiva na que desexa pegar a diapositiva copiada e prema CommandCtrl+V.
Empregue as teclas de frecha para navegar até a diapositiva que desexe mover e prema CommandCtrl+X.
Coloque o cursor para onde desexe mover a diapositiva e prema CommandCtrl+V.
Seleccione Antes ou Despois da diapositiva activa, e prema despois en Aceptar.