Axuda do LibreOffice 25.2
O Impress Remote do LibreOffice é unha aplicación de código aberto dispoñíbel para os sistemas operativos Android e iOS que permite controlar as presentacións de diapositivas do Impress do LibreOffice cun dispositivo móbil.
O Impress Remote mostra miniaturas das diapositivas na pantalla do dispositivo coas notas correspondentes por baixo. Pase o dedo pola pantalla para avanzar ou retroceder na presentación. Tamén pode mostrar un mosaico coas diapositivas para saltar directamente á que desexa e tornar a presentación máis dinámica.
A conexión entre o computador que está a executar a presentación co Impress do LibreOffice e o dispositivo móbil realízase a través de Bluetooth ou dunha ligazón de rede.
O Impress Remote é unha aplicación moi útil que permite controlar presentacións a certa distancia do computador, permitindo camiñar ao tempo que se fai a presentación. As súas funcionalidades principais son:
Controlar a presentación con xestos cos dedos e toques na pantalla do dispositivo móbil.
As animacións dos obxectos das diapositivas actívanse con toques na pantalla do dispositivo móbil.
Visualizacións previas das diapositivas: pódense previsualizar as diapositivas da presentación cando o computador e o dispositivo están os dous conectados.
Notas da presentación: existe unha sección exclusiva de notas da presentación por debaixo das diapositivas no dispositivo móbil na que se ven todas as notas das diapositivas.
Temporizador: configura o tempo que se mostran as presentacións automáticas.
Punteiro visual: mostra un «punteiro láser» na pantalla do computador controlado pola posición do dedo na miniatura da diapositiva no dispositivo móbil.
GNU/Linux, Windows ou macOS.
Conectividade por Bluetooth ou rede.
LibreOffice versión 4.1 ou posterior
Un teléfono ou tablet con Android 2.3 ou superior ou iOs, con conectividade por Bluetooth ou rede.
A aplicación Impress Remote instalada no dispositivo móbil.
Descargue o Impress Remote desde o Google Play Store ou do Apple Store buscando «Impress Remote» na caixa de busca. Comprobe que os resultados mostran que o Impress Remote é o da The Document Foundation (TDF). Instale o Impress Remote no dispositivo móbil como calquera outra aplicación.
Co Impress Remote activado no dispositivo móbil e na páxina Computador, acceda á páxina Configuración tocando na esquina dereita da pantalla. As opcións seguintes están dispoñíbeis:
Accións das teclas de volume: marque para permitir que as teclas de volume do dispositivo avancen na presentación ao premer a tecla de aumentar o volume ou que recúen ao premer a tecla de baixar o volume.
Manter pantalla prendida: marque para evitar que a pantalla do dispositivo se apague e bloquee mentres emprega o Impress Remote.
Modo silencioso: coloque o dispositivo en modo silencioso para evitar notificacións de son ou chamadas entrantes ou outras mensaxes. Esta opción non afecta o modo de vibración que teña definido previamente.
Active o Bluetooth no dispositivo e no computador e emparélleos. Consulte os manuais de instrucións do dispositivo e do sistema operativo do computador para saber como activar o Bluetooth, configurar un identificador de Bluetooth e emparellar dispositivos. Unha vez emparellados, o dispositivo móbil xa pode controlar a persentación.
Alternativamente, pode conectar a través dunha rede (incluída Wi-Fi). Neste caso, tanto o computador como o dispositivo deben estar conectados á mesma rede.
Para executar unha presentación con Impress ten que permitir que o Impress sexa controlado polo dispositivo móbil. Proceda do seguinte xeito:
Abra o Impress do LibreOffice.
En Activar control remoto e prema Aceptar. Debería ver a pantalla que se mostra na imaxe
, seleccione a opciónPeche o Impress do LibreOffice e inícieo de novo.
Desactive o protector e o bloqueo de pantalla do dispositivo móbil como se indicou arriba antes de iniciar unha presentación. Comprobe que o dispositivo móbil ten batería abondo para a duración da presentación coa pantalla prendida.
Comprobe que tanto o dispositivo como o computador están emparellados por Bluetooth ou por unha conexión de rede.
Abra a presentación que desexe mostrar no Impress do LibreOffice.
Abra a aplicación Impress Remote no dispositivo móbil e seleccione o identificador de Bluetooth do computador.
Despois de premer no nome do computador, este carga automaticamente as diapositivas da presentación no Impress Remote coa sección de notas.
Pase o dedo para a esquerda ou dereita da pantalla do móbil para cambiar as diapositivas. As notas das diapositivas están na parte inferior da pantalla do móbil.
Opcionalmente, estabeleza o temporizador para cada diapositiva na aplicación do móbil.
Tamén pode cambiar as diapositivas coas teclas de volume do dispositivo móbil. Para activar isto, abra a configuración e active as accións das teclas de volume no Impress Remote.