Axuda do LibreOffice 25.2
Toda diapositiva está baseada nunha diapositiva principal. O texto, imaxes, táboas, campos e outros obxectos que se coloquen na diapositiva principal son visíbeis como fondo de todas as diapositivas que a teñan como base.
Existen principais para diapositivas, notas e folletos.
Para editar unha diapositiva principal escolla Ver - Diapositiva principal. Prema na icona Pechar vista principal da barra de ferramentas Vista principal ou escolla Ver - Normal para saír da diapositiva principal.
Para editar as notas dunha principal escolla Ver - Notas principais. Prema na icona Pechar vista principal da barra de ferramentas Vista principal ou escolla Ver - Normal para saír das notas principais.
Para editar un folleto principal prema na lapela Folleto por enriba da diapositiva. Prema na lapela Normal para saír do folleto principal.
Cada tipo de mestre ten algunhas zonas predefinidas para conteren a data, un rodapé e o número de diapositiva.
Ao pasar para a vista principal pode mover esas áreas para calquera posición na principal. Tamén pode introducir texto adicional, redimensionalas e seleccionar o seu contido para aplicar formato de texto. Pode, por exemplo, cambiar o tamaño ou a cor do tipo de letra.
Existe unha área de cabeceira dispoñíbel só para notas e folletos. Se desexa unha cabeceira en todas as diapositivas pode mover a área do rodapé da diapositiva principal para a parte superior.
Os obxectos que se insiren nunha diapositiva principal son visíbeis en todas as diapositivas que a teñen como base.
Escolla Ver - Clasificador de diapositivas.
Pode ver unha caixa de diálogo con dúas páxinas, Diapositivas e Notas e folletos, nas que pode introducir o contido das áreas predefinidas.
Por omisión, a opción Data e hora está activada, mais o formato está configurado como Fixo e a caixa de entrada de texto está baleira, polo que non hai nin data nin hora visíbeis nas diapositivas.
Por omisión, a opción Rodapé está activada, mais a caixa de entrada de texto está baleira, polo que non hai ningún rodapé visíbel nas diapositivas.
Por omisión, a opción Número de diapositiva está baleiro, polo que os números de diapositiva non son visíbeis.
Introduza ou seleccione o contido que desexa que sexa visíbel en todas as diapositivas.
Se desexa cambiar a posición e o formato dos obxectos principais escolla Ver - Principal.
Vese a diapositiva principal con áreas preto da parte inferior. Estas áreas pódense mover e tamén se poden seleccionar os campos e aplicar formato, así como introducir texto aquí que aparecerá a carón dos campos.
Prema na área Data e mova o campo de hora e data. Seleccione o campo <data/hora> e aplique formato para cambiar o formato de data e de hora en todas as diapositivas. O mesmo se aplica ás áreas de cabeceira e de número de diapositiva.
Normalmente, os elementos predefinidos da diapositiva principal son visíbeis na presentación. Pode controlar a visibilidade dos elementos predefinidos escollendo
.Pode engadir un obxecto de texto en calquera sitio da diapositiva principal.
Escolla Ver - Diapositiva principal.
Na barra Debuxo, seleccione a icona Texto .
Arrastre na diapositiva principal para debuxar un obxecto de texto e escriba ou pegue o texto.
Ao rematar, escolla Ver - Normal.
Tamén pode engadir campos (por exemplo, data e número de páxina) a unha cabeceira e a un pé de páxina, escollendo Inserir - Campos.