Axuda do LibreOffice 25.2
É posíbel aplicar un efecto especial que se activa ao mostrar unha diapositiva.
No modo normal de visualización, seleccione a diapositiva a que quere engadir o efecto de transición.
No panel Tarefas, prema en Transición de diapositivas.
Elixa unha transición de diapositivas da lista.
É posíbel previsualizar o efecto de transición na xanela do documento.
No panel de diapositiva aparece unha icona a carón da visualización desas diapositivas cunha transición. Ao presentar as diapositivas coa Consola de presentación, a icona
indica que a diapositiva seguinte conta cunha transición.
No modo normal de visualización, seleccione a diapositiva a que quere engadir o efecto de transición.
Se o desexa, na barra de ferramentas Ampliación pode empregar a para cambiar a ampliación da vista das diapositivas.
No panel de tarefas, prema en Transición de diapositivas
Elixa unha transición de diapositivas da lista.
Para previsualizar o efecto de transición dunha diapositiva prema a icona pequena situada debaixo da mesma no Panel de diapositivas
No modo normal de visualización, seleccione a diapositiva a que quere engadir o efecto de transición.
Escolla Sen transición na caixa de lista do panel Tarefas.