Axuda do LibreOffice 25.2
Pódense aplicar efectos de animación predefinidos aos obxectos da diapositiva.
Ao visualizar unha diapositiva en modo Normal, seleccione o obxecto ao que queira aplicar a animación.
Escolla Ver - Animación para abrir o panel Animación personalizada da barra lateral. Prema no botón Engadir (+) e seleccione un efecto de animación.
No diálogo Animación personalizada, prema nunha lapela para escoller unha categoría de efectos. Prema nun efecto e despois prema en Aceptar.
Para previsualizar a animación, prema no botón Reproducir.
No panel de diapositiva aparece unha icona a carón da visualización desas diapositivas cun ou máis obxectos con animación personalizada. Ao presentar as diapositivas coa Consola de presentación, a icona
indica que a diapositiva seguinte conta cunha animación personalizada.
Pódese animar un obxecto para que se mova por unha traxectoria. Pódense empregar traxectorias predefinidas ou propias.
Ao seleccionar «Curva», «Polígono» ou «Liña de forma libre», o diálogo péchase e xa se pode debuxar unha traxectoria. Se o debuxo se remata e non se cancela, traxectoria creada retírase do documento e insírese como efecto de traxectoria.
Edición de traxectorias
Se o panel de animación personalizada estiver visíbel, as traxectorias de todos os efectos da diapositiva actual móstranse como unha sobreposición transparente sobre a diapositiva. Todas as traxectorias son visíbeis ao mesmo tempo, co que é posíbel crear facilmente animacións con traxectorias consecutivas.
As traxectorias pódense seleccionar premendo nelas. Unha traxectoria seleccionada admite agarradoiras e pode ser movida e redimensionada igual que unha forma. Premer dúas veces nunha traxectoria inicia o modo de edición de puntos. Tamén se pode iniciar o modo de edición de puntos con F8.
ou premendoNunha diapositiva en modo de visualización Normal, seleccione o obxecto do cal queira eliminar o efecto.
Escolla Presentación de diapositivas - Animación personalizada.
Prema en Eliminar.