Liñas e frechas

Abra a barra de ferramentasLiñas e frechas, desde a que pode engadir liñas rectas, liñas con frechas e liñas de dimensión á páxina actual.

tip

Se o desexa, pode engadir unha frecha despois de debuxar unha liña. Para facelo, siga o camiño Formato - Liña e seleccione un estilo de frecha na caixa Estilos de frecha.


Liña

Debuxa unha liña recta ao arrastrar o rato no documento. Para restrinxir a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Liña

Liña

Liña con frecha no fin

Debuxa no documento unha liña recta, rematada en frecha, ao arrastrar co apuntador do rato. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Liña remata nunha frecha

Liña con frecha no fin

Liña con frecha/círculo

Ao arrastrar no documento debuxa unha liña recta cunha frecha no inicio e un círculo no fin. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastar.

Icona Liña con frecha/círculo

Liña con frecha/círculo

Liña con frecha/cadrado

Debuxa unha liña recta que comeza por unha frecha e remata cun cadrado ao arrastrar o apuntador no documento. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Liña con frecha/cadrado

Liña con frecha/cadrado

Liña (45°)

Debuxa unha liña recta limitada por ángulos de 45 graos.

Icona Liña (45°)

Liña (45°)

Liña con frecha no inicio

Debuxa unha liña recta cunha frecha no inicio ao arrastrar co apuntador no documento. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Liña comeza cunha frecha

Liña con frecha no inicio

Liña con círculo/frecha

Debuxa unha liña recta que comeza nun círculo e remata nunha frecha. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Liña con círculo/frecha

Liña con círculo/frecha

Liña con cadrado/frecha

Debuxa unha liña recta que comeza cun cadrado e remata cunha frecha ao arrastrar o apuntador no documento. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Liña con cadrado/frecha

Liña con cadrado/frecha

Liña de dimensión

Debuxa unha liña que mostra a lonxitude existente entre as guías. As liñas de dimensión calculan automaticamente e mostran dimensións lineais. Para debuxar unha liña de dimensión, abra a barra de ferramentas Frechas e prema na iconaLiña de dimensión. Mova o apuntador ata o lugar en que quere que comece a liña e arrastre para debuxar a liña de dimensión. Solte ao rematar.

tip

Se quere que a liña de dimensión teña a mesma lonxitude que o lateral dun obxecto próximo, manteña premida a tecla ao arrastrar. Para limitar a liña de dimensión a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.


No Draw do LibreOffice sempre se insire unha liña de dimensión na capa chamada Liñas de dimensión. Se esta camada for invisíbel non se pode ver ningunha liña de dimensión no debuxo.

Icona Liña de dimensión

Liña de dimensión

Liña con frechas

Debuxa no documento unha liña recta, rematada en frecha, ao arrastrar co apuntador do rato. Para limitar a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Liña con frechas

Liña con frechas

Precisamos da súa axuda!