Axuda do LibreOffice 25.2
Abre a barra de ferramentas Obxectos 3D. Os obxectos son tridimensionais, con profundidade, iluminación e reflexión. Cada obxecto inserido forma inicialmente unha escena en 3D. Pode premer F3 para entrar na escena. Para estes obxectos en 3D pódese abrir a caixa de diálogo Efectos 3D para editar as propiedades.
Obxectos en 3D
Para rotar un obxecto 3D arredor de calquera dos seus tres eixes, prema no obxecto para seleccionalo e, a seguir, prema novamente para que aparezan as agarradoiras de rotación. Arrastre a agarradoira no sentido en que desexa rotar o obxecto.
Debuxa un cubo cheo onde arrastre na diapositiva. Para debuxar un rectángulo 3D, manteña premido Maiús ao arrastrar.
Cubo
Debuxa unha esfera chea onde arrastre na diapositiva. Para debuxar un esferoide, manteña premido Maiús ao arrastrar.
Esfera
Debuxa un cilindro baseado nun círculo onde arrastre na diapositiva. Para debuxar un cilindro baseado nun óvalo, manteña premido Maiús ao arrastrar.
Cilindro
Debuxa un cono baseado nun círculo onde arrastre na diapositiva. Para debuxar un cono baseado nun óvalo, manteña premido Maiús ao arrastrar.
Cono
Debuxa unha pirámide de base cadrada ao arrastrar o rato na diapositiva. Para debuxar unha pirámide de base rectangular, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar. Para definir un polígono diferente na base da pirámide, abra a caixa de diálogo Efectos 3D e prema no separador Xeometría. Na área Segmentos, introduza o número de lados para o polígono na caixa Horizontal e, a seguir, prema na marca de verificación verde.
Pirámide
Debuxa un obxecto con forma de anel e baseado nun círculo ao arrastrar co rato na diapositiva. Para debuxar un toro baseado nunha forma oval, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Toro
Draws a bowl-shaped object that is based on a circle where you drag in the slide. To draw a shell that is based on an oval, hold down Shift while you drag.
Cunca
Debuxa a metade dunha esfera onde arrastre na diapositiva. Para debuxar unha metade dun esferoide, manteña premido Maiús ao arrastrar.
Semiesfera