Axuda do LibreOffice 25.2
The Lines toolbar, where you can add lines and shapes to the current slide. icon on the Drawing bar opens the
Mantendo a tecla Maiús premida, o movemento do rato limítase a múltiples de 45 graos. Mantendo premida a tecla OpciónsAlt, o novo punto non se conecta ao punto anterior. Isto permite crear obxectos consistentes en curvas que non se conectan entre si. Se debuxa un obxecto de menor tamaño mantendo premida a tecla OpciónAlt dentro dun obxecto maior que aínda non estea pechado, o obxecto menor subtráese do maior, co que aparece como un furado dentro do maior.
As formas pechadas reciben automaticamente a enchedura que se mostra na caixa Estilo de área/Enchedura da barra Liña e enchedura.
Debuxa unha forma pechada e con enchedura, baseada nunha curva de Bézier. Prema no lugar en que quere que comece a liña, arrastre, libere, mova o apuntador ata o lugar en que vai rematar a liña, e prema. Mova o apuntador e prema novamente para engadir un segmento de liña recta á curva. Prema dúas veces para pechar a forma.
Curva, chea
Debuxa unha forma pechada e composta de segmentos de liña recta. Prema no lugar en que quere que comece o polígono e arrastre para debuxar un segmento de liña. Prema novamente para definir o final do segmento de liña e continúe premendo para definir os restantes segmentos de liña do polígono. Prema dúas veces para acabar de debuxar o polígono. Para limitar o polígono a ángulos de 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao premer.
Polígono, cheo
Debuxa unha forma pechada que consiste en segmentos de liña recta limitados por ángulos de 45 graos. Prema onde queira iniciar o polígono e arrastre o apuntador para debuxar un segmento de liña. Prema novamente para definir o final do segmento de liña e continúe premendo para definir os restantes segmentos do polígono. Prema dúas veces para acabar de debuxar o polígono. Para debuxar un polígono non limitado por ángulos de 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao premer.
Polígono (45°), cheo
Debuxa unha liña de forma libre ao arrastrar o apuntador pola diapositiva. Ao soltar o botón do rato, LibreOffice crea unha forma pechada cun segmento en liña recta desde a extremidade ata o punto inicial da liña. A forma comprendida entre as liñas énchese coa cor de área actual.
Liña de forma libre, chea
Curva
Polígono
Debuxa unha liña composta dunha serie de segmentos de liña rectos limitados a ángulos de 45 graos. Arrastre para debuxar un segmento de liña, prema para definir un extremo do segmento de liña e despois arrastre para debuxar un novo segmento de liña. Prema dúas veces para acabar de debuxar a liña. Para crear unha forma pechada, manteña premido OpciónAlt e prema dúas veces.
Polígono (45°)
Liña de forma libre