Axuda do LibreOffice 25.2
A barra de ferramentas Texto contén algunhas iconas para introducir diferentes tipos de caixas de texto.
Ábrese unha caixa de texto. Pode premer nela ou arrastrar no documento. Prema en calquera lugar do documento e, a seguir, introduza ou pegue o texto.
Texto
Ábrese unha caixa de texto. Pode premer nela ou arrastrar no documento. O texto introducido axústase automaticamente ás dimensións da caixa de texto. Prema en calquera lugar do documento, e a seguir, introduza ou pegue o texto.
Axustar texto ao marco
Traza unha liña que acaba nun texto explicativo rectangular, desde o lugar do que se arrastra no documento. A dirección do texto é horizontal. Arrastre unha agarradoira do texto explicativo para redimensionalo. Para converter un texto explicativo de rectangular a arredondado, arrastre a agarradoira polo canto de maior tamaño cando o apuntador se convirta nunha man. Para engadir o texto, prema no canto do texto explicativo e a seguir introduza ou pegue o seu texto.
Textos explicativos
Debuxa unha caixa de texto con dirección do texto vertical na que se pode premer ou arrastrar no documento actual. O texto que se introduza redimensiónase automaticamente para encher as dimensións da caixa. (Active a compatibilidade con texto asiático para activar esta icona).Prema en calquera lugar do documento e escriba ou pegue o texto. Tamén pode mover o cursor para onde queira engadir o texto, arrastrar unha caixa e despois escribir ou pegar o texto.
Axustar texto vertical ao marco