Axuda do LibreOffice 25.2
Modifica a forma, a orientación ou a enchedura do(s) obxecto(s) seleccionado(s).
Escolla
.Prema na frecha que hai a carón da icona Transformacións na barra de ferramentas Estándar.
Transformacións
Rota ou inclina os obxectos 2D seleccionados arredor dun pivote. Arrastre unha das agarradoiras do obxecto no sentido en que quere rotalo. Para inclinar un obxecto, arrastre a agarradoira central no sentido en que quere que se incline.
As diapositivas teñen un único punto de rotación. Prema dúas veces para mover o punto de rotación cara ao centro do obxecto. Tamén pode arrastrar o punto de rotación a un novo lugar na pantalla, e despois xirar o obxecto.
Se selecciona un grupo que conteña un obxecto 3D, só se rotará o obxecto 3D. Non é posíbel inclinar os obxectos 3D, pero pode rotalo arredor dos eixes X e Y, arrastrando as agarradoiras centrais.
Rodar
Voltea o(s) obxecto(s) seleccionado(s) arredor dunha liña de inversión, que pode arrastrar a calquera lugar da diapositiva. Arrastre unha agarradoira do(s) obxecto(s) sobre a liña de inversión para voltealo(s). Para modificar a orientación da liña de inversión, arrastre un dos seus extremos a un novo lugar.
Voltear
Converte o(s) obxecto(s) 2D seleccionado(s) en obxecto(s) 3D, xirando o(s) obxecto(s) arredor dunha liña de simetría.
Para modificar a forma do obxecto convertido, arrastre a liña de simetría a un novo lugar. Para modificar a orientación da liña de simetría, arrastre un dos puntos dos seus extremos. Prema no obxecto para convertelo a 3D.
En corpo de rotación 3D
Distorsiona o obxecto seleccionado envolvéndoo con círculos imaxinarios e engadindo despois perspectiva. Arrastre unha das agarradoiras do obxecto seleccionado para distorsionalo. Se o obxecto seleccionado non é un polígono ou unha curva de Bézier, suxírese que transforme o obxecto nunha curva antes de distorsionalo.
Colocar en círculo (perspectiva)
Distorsiona o obxecto seleccionado envolvéndoo en círculos imaxinarios. Arrastre unha agarradoira do obxecto seleccionado para distorsionalo. Se o obxecto seleccionado non é un polígono nin unha curva de Bézier, suxírese que cambie o obxecto por unha curva antes de aplicar a distorsión.
Colocar en círculo (inclinar)
Permite arrastrar as agarradoiras do obxecto seleccionado para modificar a súa forma. Se o obxecto seleccionado non é un polígono ou curva de Bézier, suxírese que transforme o obxecto en curva antes de distorsionalo.
Distorsionar
Aplica unha gradación de transparencia ao obxecto seleccionado. A liña de transparencia representa unha escala de grises. A agarradoira negra corresponde ao 0% de transparencia e a agarradoira branca ao 100% de transparencia.
Arrastre a agarradeira branca para modificar a dirección da gradación de transparencia. Arrastre a agarradoira negra para modificar a lonxitude da gradación. Tamén pode arrastrar e soltar cores nas agarradoiras da
para modificar os valores de escala de grises.Para mostrar a
, escolla .Transparencia
Modifica o enchemento de gradación do obxecto seleccionado. Só é posíbel acceder a esta orde se aplicou a gradación ao obxecto seleccionado en Arrastre as agarradeiras da liña da gradación para modificar a dirección ou a lonxitude da gradación. Tamén pode arrastrar a . para cambiar a cor dos puntos finais da gradación.
Para mostrar a
, escolla .Gradación