Converter en 3D

Converte o obxecto seleccionado nun obxecto tridimensional (3D).

Para acceder a esta orde...

Escolla Forma - Converter - En 3D (Só no Draw do LibreOffice)

Abra o menú de contexto dun obxecto seleccionado e escolla Converter - En 3D


O obxecto seleccionado convértese primeiro en contorno; a seguir, convértese en obxecto 3D.

Se selecciona dous ou máis obxectos e os converte en 3D, o resultado é un grupo 3D que actúa como un único obxecto. Pode editar os obxectos individuais do grupo escollendo . Escolla ao rematar.

Icona Nota

A conversión dun grupo de obxectos a 3D non altera a orde de amontoamento deses obxectos.


Icona Suxestión

Prema F3 para saír rapidamente dun grupo e +F3 para saír do grupo.


Tamén pode converter imaxes de mapa de bits e vectoriais, incluído imaxes predeseñadas, a obxectos 3D. Ao facer a conversión en 3D, LibreOffice trata os mapas de bits como rectángulos e as imaxes de vector como un grupo de polígonos.

É posíbel converter inclusive os objetos de debuxo que conteñen texto.

Se o desexa, tamén pode aplicar un Efecto 3D ao obxecto convertido.

Precisamos da súa axuda!