Converter

Opcións para converter o obxecto seleccionado.

Para acceder a esta orde...

Choose Shape - Convert (LibreOffice Draw only).

Abra o menú de contexto dun obxecto seleccionado e escolla Converter


En curva

Converte o obxecto seleccionado nunha curva de Bézier.

En polígono

Converte o obxecto seleccionado nun polígono (un obxecto pechado por liñas rectas). O aspecto do obxecto non muda. Se o desexa, pode premer co botón dereito do rato e escoller Editar puntos para mostrar as alteracións.

En contorno

Converte o obxecto seleccionado nun polígono ou un grupo de polígonos. Se a conversión crea un grupo de polígonos (por exemplo, cando converte un obxecto de texto), entre no grupo premendo en F3 para seleccionar un polígono individual.

Converter en 3D

Converte o obxecto seleccionado nun obxecto tridimensional (3D).

Converter en obxecto de rotación 3D

Crea unha forma tridimensional xirando o obxecto seleccionado en torno do seu eixe vertical.

En bitmap

Converte o obxecto seleccionado nun mapa de bits (unha grade de píxeles que representa unha imaxe).

En metaficheiro

Converte o obxecto seleccionado en Windows Metafile Format (WMF), que contén os datos gráficos tanto de mapa de bits como de vectores.

Precisamos da súa axuda!