Definir presentación personalizada de diapositivas

Crea unha presentación personalizada de diapositivas.

Para acceder a esta orde...

Escolla Presentación de diapositivas - Presentación personalizada de diapositivas e prema en Nova.


Caixa de diálogo Definir presentación de diapositivas personalizada

Crear presentacións personalizadas de diapositivas

Seleccione unha diapositiva e prema en >> ou << para engadir a diapositiva á lista ou eliminala dela.

Engade unha diapositiva existente ao final da lista de Diapositivas seleccionadas. Debe seleccionar unha diapositiva na lista Diapositivas existentes antes de poder empregar este botón.

Retire unha diapositiva da lista Diapositivas seleccionadas. Ten que escoller unha diapositiva na lista Diapositivas seleccionadas antes de poder empregar este botón.

Nome

Mostra o nome da presentación personalizada . Se o desexa, pode introducir un nome novo.

Diapositivas existentes

Lista todas as diapositivas na orde en que aparecen no documento actual.

Diapositivas seleccionadas

Lista todas as diapositivas nas presentacións personalizadas. Se o desexa, pode alterar a orde da lista arrastrando as diapositivas cara a arriba ou cara a abaixo.

Precisamos da súa axuda!