Axuda do LibreOffice 25.8
Define unha presentación personalizada empregando diapositivas da presentación actual. Despois pódense escoller diapositivas para atender ás necesidades do público. Pódense crear tantas presentacións de diapositivas personalizadas como se dsexe.
Lea a páxina de axuda Crear unha presentación de diapositivas personalizada para saber máis sobre como configurar presentacións personalizadas.
Lista as presentacións de diapositivas dispoñíbeis no documento.
Para crear unha presentación personalizada de diapositivas, prema en Nova.
Seleccione unha presentación da lista.
Prema en Iniciar.
Engadir, retirar ou reordenar diapositivas, así como cambiar o nome da presentación de diapositivas seleccionada.
Crea unha copia da presentación personalizada. Pódese modificar o nome da presentación premendo Editar.
Executa a presentación de diapositivas personalizada seleccionada.