Configuración das presentacións de diapositivas

Define opcións para a presentación, incluído como mostrala, desde que diapositiva comezar, como avanzar as diapositivas e se se desexa empregar a consola de presentación ou controlala remotamente.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Presentación de diapositivas - Configuración da presentación de diapositivas.

From the tabbed interface:

Escolla Presentación de diapositivas - Configuración da presentación de diapositivas.


Caixa de diálogo Presentación

Intervalo

Especifica que diapositivas se incluirán na presentación.

Todas as diapositivas

Inclúe todas as diapositivas da presentación.

Desde:

Introduza o número da diapositiva inicial.

Presentación personalizada de diapositivas

Executa unha presentación de diapositivas na orde definida en Presentación de diapositivas - Presentación personalizada de diapositivas.

Modo de presentación

Seleccione o tipo de presentación de diapositivas.

Pantalla completa

Aparece unha diapositiva que ocupa a pantalla completa.

Nunha xanela

A presentación de diapositivas execútase na xanela do programa LibreOffice.

Bucle e repetir despois de

Reinicia a presentación de diapositivas despois do intervalo de pausa especificado. Móstrase unha diapositiva de pausa entre a diapositiva final e a inicial. Prema na tecla Esc para deter a presentación.

Duración de pausa

Introduza a duración da pausa antes de repetir a presentación de diapositivas. Se introduce cero, a presentación reiníciase inmediatamente sen mostrar ningunha diapositiva de pausa.

Mostrar logotipo

Mostra o logotipo de LibreOffice na diapositiva de pausa. O logotipo non pode cambiarse.

Opcións de presentación

Desactivar cambio automático de diapositivas

Ao seleccionar esta caixa, as diapositivas nunca cambian automaticamente.

Cambiar as diapositivas premendo no fondo

Avanza á seguinte diapositiva ao premer no fondo dunha delas.

Apuntador de rato visíbel

Mostra o apuntador do rato durante a presentación de diapositivas.

Apuntador de rato como lapis

Transforma o apuntador do rato nun lapis que pode usarse para debuxar nas diapositivas durante a presentación.

note

Todo o que escriba co bolígrafo aparece nas diapositivas ao saír da presentación. As propiedades do bolígrafo pódense cambiar escollendo a orde Grosor do bolígrafo ou Cambiar cor do bolígrafo no menú de contexto da presentación.


Activar imaxes animadas

Mostra todos os marcos dos ficheiros GIF animados durante a presentación. Se esta opción non está seleccionada, só se mostra o primeiro marco.

Manter presentación sempre en primeiro plano

A xanela LibreOffice mantense na parte superior durante a presentación. É a única xanela que se mostra diante da presentación.

Modo de presentación con edición ao vivo

Con esta opción marcada, a xanela do documento principal do Impress fica activa durante a presentación. Os usuarios poden continuar a editar o contido da diapositiva. Os cambios vense reflectidos na presentación en curso.

Pantalla

Por omisión, a pantalla primaria é a que se emprega no modo de presentación. Se o escritorio actual se mostra en máis dunha pantalla pódese seleccionar que pantalla empregar no modo de presentación a pantalla completa. Se o escritorio actual só ocupa unha pantalla, ou se o sistema non admite a funcionalidade de varias pantallas, non se pode seleccionar outra pantalla.

note

Estas opcións gárdanse na configuración do usuario e non dentro do documento.


Pantalla de presentación

Seleccione unha pantalla para empregar no modo de presentación a pantalla completa.

Se o sistema permite que o usuario ocupe unha xanela sobre varias pantallas dispoñíbeis, tamén se pode seleccionar «Todas as pantallas». Neste caso, a presentación ocupa todas as pantallas dispoñíbies.

Consola de presentación

A Consola de presentación fornece controis e ferramentas extra para quen faga a presentación. Pode escoller empregala nunha xanela ou a pantalla completa ou desactivala de vez.

Mostrar barra de navegación

A barra de navegación permite que se controle a presentación con botóns na parte inferior esquerda da pantalla, tanto co punteiro do rato ou directamente na pantalla, se for táctil.

Tamaño de botón

Seleccione o tamaño dos botóns na barra de navegación no menú despregábel.

Control remoto

Activar control remoto

Especifica que se quere activar o control remoto por Bluetooth mentres o Impress estea en execución. Desmarque Activar control remoto para desactivar o control remoto.

Descargar aplicación

Unha ligazón dirixe ás opcións dispoñíbeis para instalar a aplicación no dispositivo.

Permitir conexións por wifi inseguras

Se esta opción está marcada, o Impress do LibreOffice permite conexións inseguras e sen cifrar mediante IP en todas as interfaces.

Só se poden activar conexións Wi-Fi inseguras se o control remoto está activado.

warning

Non se recomenda permitir conexións Wi-Fi inseguras en contornas públicas.


Precisamos da súa axuda!