Axuda do LibreOffice 25.2
Asigna efectos aos obxectos seleccionados.
A lista de animación mostra todas as animacións da diapositiva.
Cada diapositiva contén unha animación principal que se activa ao mostrar a diapositiva.
É posíbel que haxa máis animacións, que se activarían ao mostrar unha forma. Se existe algunha destas formas animadas, serán listadas na metade inferior da lista de animación. Os separadores mostran o nome de cada unha das formas que activan a animación.
Cada entrada da lista consiste nas dúas filas seguintes:
A primeira fila da entrada mostra a icona dun ato se a animación comeza cun clic de rato e un reloxio se a animación comeza ao rematar a animación anterior. O nome da forma do efecto de animación ou os primeiros caracteres do texto animado.
Na segunda fila, unha icona mostra o efecto de animación seguido da categoría e o nome do efecto.
Engade outro efecto de animación ao obxecto seleccionado na diapositiva.
Elimina os efectos de animación seleccionados da lista de animación.
Prema nun dos botóns para mover na lista o efecto de animación seleccionado cara a abaixo ou cara a arriba.
Seleccione unha categoría de efecto de animación. Están dispoñíbeis as categorías seguintes:
Entrada: Seleccione un efecto de entrada da lista de efectos.
Énfase: Seleccione un efecto de énfase da lista de efectos.
Saída: Seleccione un efecto de saída da lista de efectos.
Traxectorias: Seleccione un efecto de traxectoria da lista de efectos.
Seleccione un efecto de animación.
Mostra cando debe comezar o efecto de animación seleccionado. Están dispoñíbeis as opcións de inicio seguintes:
Cando prema - A animación interrómpese neste efecto ata que prema no rato.
Co anterior - A animación execútase inmediatamente.
Logo do anterior - A animación execútase ao finalizar a anterior.
Selecciona as propiedades adicionais da animación. Prema no botón ... para abrir a caixa de diálogo Opcións de efecto, que permite seleccionar propiedades e aplicalas.
Especifica a duración do efecto de animación seleccionado.
A animación comeza co atraso desta cantidade de tempo.
Seleccione esta opción para previsualizar efectos novos ou editados na diapositiva ao atribuílos.
Reproduce o efecto de animación seleccionado na previsualización.