Transición de diapositivas

Define o efecto especial que se reproduce ao mostrar a diapositiva durante unha presentación.

Para acceder a esta orde...

From the keyboard:

+ 6

From the menu bar:

Escolla Ver - Transición entre diapositivas.

From the tabbed interface:

Escolla Presentación de diapositivas - Transición entre diapositivas.

No menú Presentación de diapositivas da lapela Presentación de diapositivas, escolla Transición entre diapositivas.

From the sidebar:

Abra o panel Transición entre diapositivas.


Icona Suxestión

Para aplicar o mesmo efecto de transición a máis dunha diapositiva, vaia ao Clasificador de diapositivas, seleccione as diapositivas e escolla Diapositiva - Transición entre diapositivas.


Transición entre diapositivas

Seleccione a transición entre diapositivas que desexe empregar para as diapositivas seleccionadas.

Variante

Seleccione unha variación da transición. Esta lista só está dispoñíbel para determinadas transicións.

Duración

Define a duración da transición entre diapositivas.

Son

Lista sons que se poden reproducir durante a transición entre diapositivas.

Repetir ata o seguinte son

Seleccione esta opción para reproducir o son repetidamente ata o comezo do seguinte.

Avanzar diapositiva

Especifica como obter a seguinte diapositiva.

Ao premer no rato

Seleccione esta opción para avanzar ata a seguinte diapositiva premendo no rato.

Automaticamente despois

Seleccione avanzar até a diapositiva seguinte após un número de segundos. Introduza os segundos no campo numérico a carón do selector ou prema no selector.

Aplicar a transición a todas as diapositivas

Aplica a transición de diapositivas seleccionada a todas as diapositivas do documento de presentación actual.

Reproducir

Mostra a transición de diapositivas actual como unha previsualización.

Previsualización automática

Seleccione esta opción para ver as transicións de diapositivas de forma automática no documento.

Precisamos da súa axuda!