Dimensionamento

Modifica a lonxitude, a medida e as propiedades de guía da liña de dimensión seleccionada.

Icona Nota

Se quere modificar o estilo de liña ou o estilo de frecha dunha liña de dimensión, escolla Formato - Liña.


Para acceder a esta orde...

From the context menu:

Choose Dimensions.

From toolbars:

Icon Dimension Line

Dimension Line


As liñas de dimensión insírense sempre na capa chamada Liñas de dimensión. Se estiver definida como invisíbel non se verá ningunha liña de dimensión no debuxo.

Liña

Define as propiedades de distancia da liña de dimensión e as guías entre si e respecto á liña base.

Liña de dimensión

  1. Liña de dimensión

  2. Texto de medida

  3. Distancia entre liñas

  4. Proxección de guía

  5. Distancia entre guías

  6. Liña de base

  7. Guía esquerda

  8. Guía dereita

Distancia entre liñas

Especifica a distancia entre a liña de dimensión e a liña base (distancia entre liñas = 0).

Proxección de guía

Especifica a lonxitude das liñas dereita e esquerda a partir da liña de dimensión. Os valores positivos estenden as guías por riba da liña de dimensión e os valores negativos estenden as guías por debaixo da liña de dimensión.

Distancia entre guías

Especifica a lonxitude das guías esquerda e dereita a partir da liña de base (distancia entre liñas = 0). Os valores positivos estenden as guías por riba da liña de base e os valores negativos estenden as guías por debaixo da liña de base.

Guía esquerda

Especifica a lonxitude da guía esquerda a partir da liña de dimensión. Os valores positivos estenden a guía por debaixo da liña de dimensión e os valores negativos por enriba.

Guía dereita

Especifica a lonxitude da guía dereita a partir da liña de dimensión. Os valores positivos estenden a guía por debaixo da liña de dimensión e os negativos por enriba.

Liña de dimensión debaixo do obxecto

Reverte as propiedades definidas na área Liña.

Número de decimais

Especifica o número de decimais usados para a visualización das propiedades de liña.

Lenda

Define as propiedades do texto de dimensión.

Posición do texto

Determina a posición do texto de dimensión en relación á liña de dimensión e ás guías.

Icona Aviso

É necesario desmarcar as caixas de verificación Vertical automático e Horizontal automáticoantes de atribuír a posición de texto.


Vertical automático

Determina a posición vertical óptima para o texto de dimensión.

Horizontal automático

Determina a posición horizontal óptima para o texto de dimensión.

Mostrar unidades de medida

Mostra ou oculta as unidades de medida de dimensión. Tamén pode seleccionar unha unidade da lista para mostrala.

Paralelo á liña

Mostra o texto paralelo ou cun ángulo de 90 graos respecto á liña de dimensión.

Previsualizar campo

Mostra unha previsualización da selección actual.

Icona Suxestión

Botón dereito do rato para reducir a vista previa, esquerdo para ampliar.


Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!