Axuda do LibreOffice 25.2
Permite inserir ficheiros enteiros ou elementos específicos dos ficheiros.
Prema no sígno máis a carón do nome do ficheiro e seleccione os elementos que queira inserir. Manteña premida OrdeCtrl para engadir, ou Maiús para expandir a selección.
Para inserir un ficheiro como ligazón, seleccione Ligazón.
Prema en Aceptar.
No indicador, prema en Si para dimensionar os elementos de modo que se axusten á diapositiva ou en Non para conservar o tamaño orixinal dos elementos.
insire un ficheiro ou elementos dun ficheiro como ligazón que se actualiza automaticamente cando se modifica o ficheiro fonte.
As páxinas principais non usadas non se poden inserir.