Inserir capa

Insire unha nova capa no documento. Só é posíbel utilizar esta orde en Draw, non en Impress.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Capa (só en LibreOffice Draw)

Abra o menú de contexto dun separador - escolla Inserir capa (só en LibreOffice Draw)


Icona Nota

Para seleccionar unha capa, prema no separador correspondente situado na parte inferior do espazo de traballo.


Nome

Introduza un nome para a nova capa.

Propiedades

Defina as propiedades da nova capa.

Visíbel

Mostrar ou ocultar a capa.

Imprimíbel

Ao imprimir, imprimir ou ignorar esta capa en particular.

Bloqueada

Impide a edición dos elementos da capa.

Axúdenos, por favor!