Cabeceira e pé de páxina

Engade ou cambia texto en marcadores de posición na parte superior e inferior das diapositivas e diapositivas principais.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Cabeceira e rodapé.

Escolla Inserir - Número de páxina.

Escolla Inserir - Data e hora.


A caixa de diálogo Cabeceira e pé de páxina contén os seguintes separadores:

Engadir unha cabeceira ou un rodapé a todas as diapositivas

Cambiar e engadir unha principal

Caixa de diálogo Cabeceira e rodapé

Incluír na diapositiva

Especifique os elementos que vai incluír nas diapositivas.

Cabeceira

Engade o texto que introduza á caixa Texto da cabeceira da parte superior da diapositiva.

Texto da cabeceira

Engade na parte superior da diapositiva o texto introducido.

Data e hora

Engade a data e a hora á diapositiva.

Fixo

Engade a data e a hora introducidas na caixa de texto.

Variábel

Mostra a data e a hora creados pola diapositiva. Seleccione un formato de data na lista.

Idioma

Seleccione o idioma para o formato de data e hora.

Pé de páxina

Engade o texto que introduza á caixa Texto do rodapé da parte inferior da diapositiva.

Texto de pé de páxina

Engade na parte inferior da diapositiva o texto introducido.

Número de diapositiva / Número de páxina

Engade o número da diapositiva ou da páxina.

Non mostrar na primeira diapositiva

Non mostra a información especificada na primeira diapositiva da presentación.

Aplicar a todos

Aplica a configuración a todas as diapositivas da presentación, incluídas as diapositivas principais correspondentes.

Aplicar

Aplica a configuración actual ás diapositivas seleccionadas.

Precisamos da súa axuda!