Presentación

Ordes usadas normalmente con diapositivas.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ver - Barras de ferramentas - Presentación.


Diapositiva

Insire unha diapositiva após a que estea seleccionada.

Deseño de diapositivas

Abre un submenú con disposicións de diapositivas.

Cambiar diapositiva principal

Mostra a caixa de diálogo Dispositivas principais dispoñíbeis, na que se pode seleccionar un esquema de disposición para a dispositiva actual. Os obxectos no deseño da diapositiva insírense por detrás dos obxectos da diapositiva actual.

Expandir diapositiva

Crea unha dispositiva nova a partir de cada punto de esquema de nivel superior (o texto que está un nivel por debaixo do título na xerarquía do esquema) na diapositiva seleccionada. O texto do esquema convértese en título da nova diapositiva. Os puntos do esquema situados por debaixo do nivel superior da diapositiva orixinal ascenden un nivel na nova diapositiva.

Presentación de diapositivas

Inicia a presentación.

Precisamos da súa axuda!