Axuda do LibreOffice 24.8
Crea formas e distribúeas en incrementos uniformes entre dous obxectos de debuxo.
LibreOffice debuxa unha serie de formas intermedias entre dous obxectos seleccionados e agrupa o resultado.
Define as opcións de transición gradual.
Especifique o número de formas desexadas entre os obxectos seleccionados.
Aplica unha transición gradual á liña e propiedades de enchedura dos obxectos seleccionados. Por exemplo, se os obxectos seleccionados se encheron de cores diferentes, aplícase unha transición de cor entre dúas cores.
Aplica unha transición suave entre os obxectos seleccionados.