Exportar

Exporta a súa presentación ou debuxo e configura as opcións de exportación.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Exportar


Os seguintes formatos de ficheiro ofrecen opcións adicionais de exportación ao premer en Gardar:

HTML Document, JPEG, SVM/WMF/PICT/MET, BMP, GIF, EPS, PNG, PBM, PPM, PGM.

Se escolle «Documento HTML» como formato de ficheiro, móstrase o Asistente de exportación de ficheiros HTML. O asistente guiarao durante o proceso de exportación e inclúe a opción de gardar as imaxes da presentación nos formatos GIF ou JPG.

Precisamos da súa axuda!