Nivel de seguranza

Seleccione unha das catro opcións de nivel de seguranza de macro. As opcións varían segundo o nivel de seguranza. As macros que teñen permiso de execución nun nivel de seguranza máis alto tamén se poden executar nos niveis máis baixos.

Moi alta

Só se poden executar as macros situadas en localizacións fiábeis. As demais, estean asinadas ou non, desactívanse.

As localizacións de ficheiros fiábeis poden definirse no separador Fontes fiábeis. As macros desas localizacións teñen permiso de execución.

Alta

Only macros from trusted sources and signed macros (from any source) are allowed to run. Macros that are neither from a trusted source nor signed are disabled.

As localizacións de ficheiros fiábeis poden definirse no separador Fontes fiábeis. Só as macros asinadas das fontes fiábeis teñen permiso de execución. Alén diso, todas as macros das localizacións fiábeis de ficheiros teñen permiso de execución.

Medio

É necesario confirmar antes de executar macros de fontes descoñecidas.

As localizacións de ficheiros fiábeis poden definirse no separador Fontes fiábeis. Poden executarse as macros procedentes de fontes fiábeis. Alén diso, pódese executar calquera macro que proceda dunha localización de ficheiro fiábel. Con todas as demais macros é preciso fornecer unha confirmación.

Baixa (non recomendada)

As macros execútanse sen pedir confirmación. Use esta configuración só se ten a certeza de que os documentos que se van abrir son seguros.

A macro pode configurarse para un comezo automático e, pode realizar accións potencialmente daniñas como eliminar ou renomear ficheiros. Non é recomendábel esta configuración ao abrir documentos de outros autores.

Precisamos da súa axuda!