Axuda do LibreOffice 24.8
Pode utilizar esta caixa de diálogo para introducir parámetros de inicio opcionais para o contorno de execución Java (JRE). A configuración que especifique será válida para calquera JRE que inicie.
Introduza un parámetro de inicio para un JRE da mesma forma que o faría nunha liña de ordes. Prema en Atribuír para engadir o parámetro á lista de parámetros de inicio dispoñíbeis.
Non use caracteres de escape ou comiñas nos nomes de camiño.
Por exemplo, para que a propiedade do sistema "myprop" apunte a un cartafol, introduza o seguinte parámetro:
-Dmyprop=c:\program files\java
Para activar a depuración nun JRE, introduza os seguintes parámetros:
-Xdebug
-Xrunjdwp:transport=dt_socket,server=y,address=8000
Estes cambios aplícanse ao reiniciar LibreOffice.
Lista os parámetros de inicio de JRE atribuídos. Para eliminar un parámetro de inicio, seleccióneo e prema en Eliminar.
Engade o parámetro de inicio de JRE actual á lista.
Opens a dialog where the selected JRE start parameter can be edited.
Elimina o parámetro de inicio de JRE seleccionado.