Axuda do LibreOffice 7.1
Define as opcións que permiten que as persoas con problemas de visión, coordinación, ou outras deficiencias, accedan con máis facilidade aos programas de LibreOffice.
Define as opcións de accesibilidade.
Permite usar ferramentas tecnolóxicas adaptadas para persoas con discapacidades, como lectores de pantalla externos, dispositivos Braille ou de recoñecemento de voz. Para poder activalas é necesario que o JRE (contorno de execución Java) estea instalado no seu computador.
Mostra o cursor en documentos só de lectura.
Previsualiza imaxes animadas, como as imaxes GIF, en LibreOffice.
Previsualiza texto animado, como o que pestanexa e se despraza, en LibreOffice.
O alto contraste é unha configuración do sistema operativo que cambia o esquema de cores para mellorar a lexibilidade. Pode decidir como quere que use LibreOffice esa configuración.
Os bordos e sombras das celas móstranse sempre na cor do texto cando o modo alto contraste está activo. Neste caso ignórase a cor do fondo da cela.
Cambia LibreOffice ao modo alto contraste cando a cor do fondo do sistema é moi escura.
Mostra os tipos de letra en LibreOffice usando a configuración de cor do sistema. Esta opción afecta só á presentación en pantalla.
Aplica a configuración de alto contraste do sistema operativo ás previsualizacións de páxina.