Forma

Este submenú contén formas frecuentes, como liña, círculo, triángulo e cadrado ou formas de símbolo, como cara sorrindo, corazón e flor, que poden ser inseridas no documento.

Liña

Este submenú contén formas simples, a man alzada, curvas e poligonais.

Liña

Debuxa unha liña recta ao arrastrar o rato no documento. Para restrinxir a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Básico

Este submenú contén formas básicas, como rectángulos, círculos, triángulos, pentágono, hexágono, octógono, cilindro e cubo.

Símbolo

Este submenú contén formas de símbolos, como cara sorrindo, corazón, sol, lúa, flor, quebracabezas, formas con relevo e parénteses.

Axúdenos, por favor!