Axuda do LibreOffice 25.2
Ao crear un filtro XML para LibreOffice debe deseñar unha folla de estilo XSLT capaz de converter en e desde formato de ficheiro XML de OpenDocument.
For more information about the OpenDocument XML format, go to https://www.openoffice.org/xml/.
Se o desexa pode incluír un modelo co filtro para aplicar estilos de LibreOffice a documentos XML importados.
Cree unha folla de estilo de transformación XSLT que mapee os elementos do formato XML externo aos elementos do formato de ficheiro XML de OpenDocument e viceversa.
Cree un modelo que atribúa estilos de LibreOffice a elementos en formato XML externo ao importar a LibreOffice ficheiros neste formato.
En LibreOffice Writer, cree un documento de texto e escolla
.Prema Novo.
Prema na lapela Xeral do cadro de diálogo Filtro XML e defina as propiedades do filtro.
Introduza un nome para o filtro XML na caixa Nome do filtro.
Este nome mostrarase na caixa de diálogo Configuración de filtros XML.
Seleccione na caixa Aplicativo o aplicativo de LibreOffice en que se vai usar o filtro.
Introduza na caixa Nome do tipo de ficheiro o tipo do ficheiro en que se vai usar o filtro.
Este nome mostrarase na lista de tipos de ficheiro das caixas de diálogo Abrir, Exportar e Gardar como.
Introduza na caixa Extensión do ficheiro a extensión do ficheiro exportado.
Para diferenciar o ficheiro dos demais, utilice unha extensión diferente de *.xml.
Defina no separador Transformación as propiedades de transformación do filtro.
(Opcional) Introduza na caixa DocType o identificador de tipo de documento para o formato de ficheiro externo.
Este identificador úsase para detectar o tipo de ficheiro ao importar.
Introduza na caixa XSLT para exportar o camiño e nome de ficheiro da folla de estilo XSLT que define a transformación do formato OpenDocument ao formato externo.
Introduza na caixa XSLT para importar o camiño e nome de ficheiro da folla de estilo XSLT que define a transformación do formato externo ao formato de OpenDocument.
(Opcional) Introduza na caixa Modelo para importar o camiño e nome do modelo que define os estilos de LibreOffice usados no ficheiro importado.
Os ficheiros especificados no separador Transformación cópianse no cartafol local de usuarios de LibreOffice.
Prema en Aceptar.
En LibreOffice pode realizar probas básicas en filtros XML personalizados.
Estas probas non modifican o documento.
Cree ou abra un documento de texto.
Escolla
.In the list of filters, select the filter that you want to test, and click Test XSLTs.
To test an Export filter, do one of the following in the Export area of the dialog:
Prema Explorar, seleccione o documento de LibreOffice que desexa probar e prema Abrir.
Para probar o documento actual, prema Documento actual.
To test an Import filter, click Browse in the Import area of the dialog, select a document, and click Open.