Desfacer o formato directo dun documento

Nuns poucos pasos pode desfacer o formato non realizado mediante os estilos.

Formatado directo e de estilos

Formatar un documento sen estilos denomínase formato «directo». Isto significa modificar o texto ou outros obxectos, como marcos ou táboas, aplicando os distintos atributos directamente. O formato aplícase só á área seleccionada e hai que facer cada cambio por separado. Os estilos, por outra banda, non se aplican ao texto directamente, senón que se definen na xanela Estilos e aplícanse despois. Unha vantaxe é que ao cambiar un estilo todas as partes do documento ás que se lles asignou ese estilo se modifican ao mesmo tempo.

Pode editar os obxectos individuais dun grupo seleccionando o grupo e logo premendo F3. Prema +A e escolla Formato - Limpar o formato directopara saír do modo de edición do grupo.

Eliminar o formato directo en documentos de LibreOffice Writer

  1. Prema en Ctrl+A para seleccionar todo o texto.

  2. Escolla Formato - Formatado predefinido.

Eliminar o formato directo en follas de cálculo de LibreOffice Calc

  1. Para seleccionar todas as follas manteña premida a tecla Maiús mentres preme na primeira folla e despois na última.

  2. Prema en Ctrl+A para seleccionar todo o texto.

  3. Escolla Formato - Formatado predefinido.

Eliminar o formato directo en presentacións de LibreOffice

  1. Prema no separador Esquema para abrir a visualización de esquema.

  2. Prema en Ctrl+A para seleccionar todo o texto.

  3. Escolla Formato - Formatado predefinido.

Precisamos da súa axuda!