Axuda do LibreOffice 24.8
Reciba a benvida ao LibreOffice. Grazas por utilizar a axuda da aplicación do LibreOffice. Prema F1 cando precise axuda ao utilizar o LibreOffice.
O Centro de inicio aparece cando non hai ningún documento aberto no LibreOffice. Divídese en dous paneis. Prema nun botón do panel esquerdo para abrir un documento novo ou unha caixa de diálogo de ficheiros.
O botón Abrir ficheiro presenta unha caixa de diálogo abrir ficheiro.
O botón Ficheiros remotos presenta unha caixa de diálogo Ficheiros remotos para abrir ficheiros almacenados en servidores remotos.
Prema no botón Documentos recentes para ver miniaturas dos documentos abertos máis recentemente na parte dereita da xanela. Pase o rato sobre unha miniatura para destacar o documento, mostrar información sobre onde está o documento e mostra unha icona na parte superior dereita para eliminar a miniatura do panel e da lista de ficheiros recentes. Prema na miniatura para abrir o documento correspondente.
Pode retirar un elemento da lista de documentos recentes premendo o botón do recanto superior dereito da icona. O documento non se elimina. Pode retirar todos os elementos da lista de documentos recentes premendo no botón despregábel Documentos recentes e seleccionando .
Prema no botón Modelos para mostrar modelos para todas as aplicacións na parte dereita da xanela.
Prema na frecha para abaixo do botón Modelos para abrir un menú para seleccionar un filtro para mostrar modelos por tipo de aplicación ou para abrir a caixa de diálogo Xestor de modelos
Prema co botón dereito do rato nun modelo do panel dereito para abrir un menú no que pode abrir o modelo ou crear un documento novo a partir dese modelo ou editar o propio modelo.
Cada un dos botóns do documento abrir un documento novo do tipo indicado.
Documento do Writer abre o Writer do LibreOffice
Folla do Calc abre o Calc do LibreOffice
Presentación do Impress abre o Impress do LibreOffice
Debuxo do Draw abre o Draw do LibreOffice
Fórmula do Math abre o Math do LibreOffice
Base de datos do Base abre o Base do LibreOffice
O botón Extensións abre a páxina https://extensions.libreoffice.org/, desde a que se poden descargar modelos e funcionalidades adicionais para o LibreOffice.
Os ficheiros cifrados non mostran unha imaxe en miniatura do seu contido.