Crear cantos arredondados

Ao inserir un rectángulo ou caixa de texto explicativo mediante as funcións de debuxo e activar a icona Puntos na barra de ferramentas Debuxo, pode ver un marquiño no canto superior esquerdo do obxecto, onde se indica o nivel de arredondamento dos cantos. O arredondamento non ten lugar se o marco continúa situado nese canto. Se se sitúa na agarradoira central da parte superior, os cantos arredóndanse o máximo posíbel. Pode axustar o grao de arredondamento movendo o marco entre esas dúas posicións.

Apuntador do rato con forma de man

O cursor transfórmase nun símbolo con forma de man ao situalo sobre a caixa, o que significa que pode arrastrala para modificar o arredondamento. Un contorno mostra a previsualización do resultado.

Copiar obxectos de debuxo noutros documentos

Precisamos da súa axuda!